Área de Ciencias Sociais e Xurídicashttp://hdl.handle.net/10347/63982024-03-28T10:02:34Z2024-03-28T10:02:34ZEl tipo imprudente del delito de blanqueo de capitalesPérez Rivas, Nataliahttp://hdl.handle.net/10347/330472024-03-08T01:03:09Z2023-01-01T00:00:00ZEl tipo imprudente del delito de blanqueo de capitales
Pérez Rivas, Natalia
El presente trabajo analiza la comisión por imprudencia grave del delito de blanqueo de capitales.
Material docente de la asignatura "Derecho Penal-Parte Especial"
2023-01-01T00:00:00ZLa agravante de discriminación por razón de géneroPérez Rivas, Nataliahttp://hdl.handle.net/10347/330462024-03-08T01:03:08Z2023-01-01T00:00:00ZLa agravante de discriminación por razón de género
Pérez Rivas, Natalia
El presente documento analiza la incorporación del "género" como motivo discriminatorio de la agravante del art. 22.4 CP.
Material docente asignatura "Derecho Penal-Parte General".
2023-01-01T00:00:00ZCircustancias agravantesVázquez-Portomeñe Seijas, FernandoGuinarte Cabada, GumersindoPérez Rivas, Nataliahttp://hdl.handle.net/10347/329682024-03-05T01:02:53Z2012-01-01T00:00:00ZCircustancias agravantes
Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando; Guinarte Cabada, Gumersindo; Pérez Rivas, Natalia
O Código penal español prevé un sistema de penas relativamente
determinadas, isto é, un sistema baseado na fixación dun marco punitivo
dentro de cuxos límites, superior e inferior, o xuíz debe determinar
(motivadamente e a través de determinadas regras e criterios legais) a pena
axeitada ao caso particular. A unidade didáctica que aquí se presenta ten
carácter básico, pois incide nun dous aspectos esenciais dese sistema de
determinación da pena: as circunstancias agravantes xenéricas do artigo 22
do Código penal. Trátase de instrumentos legais de mediación da pena, é
dicir, son causas de modificación da pena. Esta é a súa finalidade e sentido
no noso modelo legal. O seu fundamento vincúlaas directamente co
principio constitucional de proporcionalidade. En función delas o xuíz
sinalará a concreción ou extensión da pena (determinación legal concreta
da pena), unha vez establecido o marco penal (límite máximo e mínimo).
Así, ofreceráselle ao estudante unha panorámica do catálogo de
agravacións contido no artigo 22 do Código penal, destacando os seus
aspectos fundamentais (elementos obxectivos e subxectivos e réximes de
comunicabilidade, compatibilidade e inherencia). As formulacións xerais
desta unidade didáctica facilitan a comprensión doutros aspectos máis
específicos do programa da materia, especialmente os relativos ao sistema
de consecuencias xurídicas que o Dereito penal español establece para as
infraccións penais.
MATERIA: Dereito penal I
2012-01-01T00:00:00ZA extinción da responsabilidade criminalPérez Rivas, NataliaVázquez-Portomeñe Seijas, FernandoGuinarte Cabada, Gumersindohttp://hdl.handle.net/10347/329672024-03-05T01:02:52Z2012-01-01T00:00:00ZA extinción da responsabilidade criminal
Pérez Rivas, Natalia; Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando; Guinarte Cabada, Gumersindo
A comisión dun feito punible, entendendo por tal un feito tipicamente
antixurídico e persoalmente imputable no que non concorra ningunha causa
de exclusión da punibilidade, da lugar ao xurdimento tanto de
responsabilidades penais como civís. A extinción das responsabilidades
penais, que non supón automaticamente a paralela extinción da
responsabilidade civil, terá lugar, exclusivamente, pola concorrencia
dalgunha das causas enumeradas no artigo 130 do Código Penal (en
adiante CP), a saber: a morte do reo, o cumprimento da condena, a
remisión definitiva da pena, o indulto, o perdón do ofendido, a prescrición do
delito e a prescrición da pena. O ditado dunha sentenza condenatoria,
ademais de impor unha ou varias penas principais ou accesorias, tamén
produce outros efectos non previstos expresamente nela. Estes efectos, que
perduran durante un determinado tempo ata despois de cumprida a pena ou
extinguida doutra forma a responsabilidade criminal, son manifestacións dos
antecedentes penais que, trala sentenza firme, son inscritos no Rexistro
Central de Penados e Rebeldes. Pois ben, para poder cancelar os
antecedentes penais e todos estes efectos, o artigo 136 CP establece un
presuposto, un procedemento e uns requisitos. Ao estudo destas cuestións
adicarase a presente unidade didáctica.
MATERIA: Dereito Penal I (Parte Xeral)
2012-01-01T00:00:00Z