Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación
http://hdl.handle.net/10347/11561
2024-03-28T08:39:35ZPuntada sen fío na economía circular: exame das limitacións das fibras celulósicas e a bioeconomía no téxtil
http://hdl.handle.net/10347/31637
Puntada sen fío na economía circular: exame das limitacións das fibras celulósicas e a bioeconomía no téxtil
Durán Rubí, Elisa
O concepto de Economía Circular espertou un interese crecente polo seu
potencial para transformar o modelo lineal de produción, consumo e residuos. Non
obstante, a súa implementación adoita centrarse unicamente na expansión dos
mercados "verdes", como a reciclaxe e a bioeconomía, para impulsar o crecemento
económico. Este artigo defende a adopción dunha visión transformadora que englobe
aspectos ambientais, sociais e institucionais para acadar un desenvolvemento sostible.
O estudo examina especificamente o caso das fibras de celulosa na industria téxtil para
exemplificar as limitacións das estratexias actuais de Economía Circular. O sector da
moda, co seu importante impacto económico, ambiental e social, ofrece unha
oportunidade para adoptar novos materiais derivados de fontes biolóxicas renovables e
rexenerativas. Estratexias como a bioeconomía e a Economía Circular foron impulsadas
pola Unión Europea e cada vez son máis implantadas por empresas de moda sostible,
en consonancia coa perspectiva imperante de crecemento "verde" e diversificación de
materiais "sostibles". O estudo fai fincapé na necesidade de considerar a vida útil do
produto e modificar os patróns de consumo e produción para conseguir un enfoque máis
integral da Economía Circular. A análise abrangue a definición, clasificación e relación
histórica das fibras de celulosa coa industria química. Avalíase o estado actual do sector
da fibra de celulosa a nivel mundial, destacando a concentración da produción en China
e identificando líderes en sustentabilidade como Lenzing. O estudo tamén aborda os
desafíos relacionados coas materias primas, as implicacións institucionais, o impacto
ambiental e os patróns de crecemento, así como o comportamento do mercado e a
necesidade de modelos localizados e ciclos de vida longos dos produtos para lograr
unha transformación sostible. O estudo conclúe que o potencial das fibras de celulosa
reside nos seus avances tecnolóxicos, pero a súa expansión non implica
necesariamente impactos ambientais significativos nin cambios sistémicos no sector
téxtil. Subliña a importancia de adoptar un concepto transformador de Economía Circular
e a necesidade da súa implantación e promoción por parte das institucións.
Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Curso 2022-2023
2023-07-01T00:00:00ZAnálise das desigualdades de xénero no mercado laboral en España
http://hdl.handle.net/10347/29945
Análise das desigualdades de xénero no mercado laboral en España
González Fuentes, Stella
A economía feminista caracterízase por presentar unha visión máis realista do mundo social e económico e integra na súa análise unha visión sectorial de xénero. Na actualidade, a existencia de desigualdade e pobreza social e económica adquiriu unha maior relevancia social; nun contexto no que as persoas traballadoras adquiren cada ver un menor poder en termos de renda. Ademais, son as mulleres as maiores prexudicadas destas ineficiencias sociais, dado que obteñen as taxas de pobreza e risco de exclusión social máis altas. Así e todo, o mercado laboral xoga un papel determinante na consideración da pobreza e da desigualdade dado que as dinámicas que xorden no mercado de traballo contribúen a explicar as características da pobreza: un sistema laboral inequitativo implica maior desigualdade e pobreza. Neste sentido, o mercado laboral español preséntase ineficiente en termos de xénero: unhas taxas de actividade e ocupación das mulleres menores que as dos homes e un maior desemprego feminino son aspectos caracterizadores do mercado de traballo. Pola súa banda, a segregación laboral por razón de xénero implica unha división na consideración dos empregos “masculinos” e “femininos”, establecendo estes últimos como aqueles cunha menor responsabilidade e salarios máis baixos. Esta división implica unha redución constatada dos ingresos das mulleres, sendo o salario medio anual maior no caso dos homes que das mulleres. Ademais, os traballos de reprodución da forza social e dos coidados recaen de maneira sistemática sobre as mulleres, entendendo o traballo non monetizado como unha obriga na que as mulleres deben someterse en función da súa pertenza social a un colectivo socialmente construído por criterios de xénero.
O obxectivo principal deste traballo é analizar as desigualdades por razón de xénero no mercado laboral español. Este obxectivo concrétase en varios obxectivos específicos: estudar a incidencia da segregación laboral na fenda salarial, así como examinar a repercusión da persistencia da menor carga de traballo no caso das mulleres.
Este traballo segue a metodoloxía característica da economía aplicada, baseada tanto na revisión da literatura como na achega empírica. Neste sentido, para a recollida de datos utilízanse varias enquisas do Instituto Nacional de Estatística, así como os datos ofrecidos polo Ministerio de Igualdade.
Para o caso español, nas últimas décadas aumentou a desigualdade na distribución dos ingresos, chegando a alcanzar unha situación na que os ingresos totais do 10% da poboación con ingresos máis elevados multiplica a 5,8 a renda do 10% da poboación con menor renda no ano 2020. Da análise de indicadores de desigualdade laboral (participación, representación e concentración) extráese a idea de que as mulleres se sitúan maiormente en traballos de servizos e coidados, sectores onde os salarios son máis baixos, como mostran os datos do ano 2019.
A segregación pola súa banda, segue en aumento: o Índice de Duncan alcanza un valor do 35% no ano 2021, é dicir, o 35% das mulleres deberían cambiar de ocupación para obter unha igualdade na distribución dos empregos entre homes e mulleres e conseguir que o mercado laboral seguira unha tendencia igualitaria.
Por último, o traballo non remunerado nos fogares foi interpretado tradicionalmente como unha obriga na que o suxeito debe someterse en función da súa pertenza social a un colectivo socialmente construído por criterios de xénero. Isto implica que a corresponsabilidade é unha das materias pendentes do mercado laboral español: as mulleres destinan de media 4 horas e 29 minutos aos coidados do fogar e da familia, mentres que os homes invisten de media 2 horas e 32 minutos.
Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación
2022-07-01T00:00:00ZMitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia
http://hdl.handle.net/10347/27012
Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia
Gil Fernández, Juan José
O cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao este problema global. Non obstante, actualmente non existe ningún estudo que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega. Esta investigación pretende cubrir este vacío centrándose en 25 complexos industriais intensivos enerxeticamente (IIE), os cales emiten cerca do 90% dos gases de efecto invernadoiro de toda a industria manufactureira galega e producen materiais básicos fundamentais para o actual modelo económico e social, como aceiro, aluminio, cemento, celulosa, ladrillos, produtos petrolíferos...
A investigación levouse a cabo nas seguintes fases. Primeiramente, realizouse un diagnóstico da estrutura produtiva e as emisións de CO2 destas industrias en base á seguinte información: materiais producidos, niveis de produción, consumo enerxético, procesos produtivos, emisións de CO2, intensidade enerxética e intensidade carbónica. En segundo lugar, levouse a cabo unha extensa revisión de literatura científica recente sobre alternativas tecno-económicas de descarbonización para estes sectores. En terceiro lugar, analizouse o informe do IPCC de 2018 para cuantifica-los niveis de redución de emisións requeridos e identificar aspectos cualitativos que condicionan o rango de tecnoloxías seleccionábeis. Finalmente, formulouse unha estratexia de descarbonización para estas industrias, composta por 13 estratexias sectoriais. Estas estratexias defínense en termos de obxectivos decenais de redución de emisións, transformacións produtivas necesarias nas IIE (cambios nos niveis de produción e nos procesos produtivos) e requerimentos materiais, enerxéticos e tecnolóxicos para implementar ditas transformacións. O horizonte temporal é o ano 2050.
Este é o primeiro estudo que senta as bases e establece as directrices para a descarbonización das industrias intensivas enerxeticamente en Galicia, e faino cunha visión de longo prazo e en coherencia co obxectivo climático de 1.5ºC e traxectorias globais de desenvolvemento sostíbel
Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación
2021-01-01T00:00:00ZAproximación á economía circular na Unión Europea. Estudo de caso de modelos de negocio circulares nos sectores dos plásticos e da electrónica
http://hdl.handle.net/10347/25216
Aproximación á economía circular na Unión Europea. Estudo de caso de modelos de negocio circulares nos sectores dos plásticos e da electrónica
Rodríguez Soto, Belén
Este Traballo Fin de Máster aborda a temática da sustentabilidade e o cambio sistémico por medio da economía circular. O estudo da economía circular lévase a cabo a nivel europeo e, en particular, céntrase en dúas das áreas estratéxicas marcadas pola UniónEuropea neste eido, os plásticos e as materias primas críticas (electrónica). Perséguense dous obxectivos: o primeiro deles, a análise e a revisión crítica e introdutoria dos fundamentos e as estratexias ou políticas de economía circular no continente europeo, singularmente nos mencionados sectores dos plásticos e da electrónica; e o segundo deles, o estudo dos factores que impulsan ou obstaculizan os modelos de negocio circulares nos ámbitos sinalados. Os métodos empregados para acadar estas metas foron ainvestigación de escritorio da literatura máis relevante do campo de coñecemento e a análise sintética da información cualitativa elaborada polo proxecto de investigación europeo R2π
Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación
2020-01-01T00:00:00Z