Filosofía e Antropoloxía
http://hdl.handle.net/10347/2961
2024-03-28T19:58:04ZXaime Isla: raíz e utopía de Galicia. Exposición. Unidade didáctica
http://hdl.handle.net/10347/33317
Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia. Exposición. Unidade didáctica
Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Unidade didáctica da exposición "Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia".
2017-04-01T00:00:00ZOs irmáns Isla Couto en Compostela: roteiro didáctico
http://hdl.handle.net/10347/33316
Os irmáns Isla Couto en Compostela: roteiro didáctico
Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Este roteiro didáctico nace coa vocación de recuperar a estreita vinculación de Ramiro e Xaime Isla Couto con Santiago de Compostela. En Compostela naceu Xaime Isla o 23 de outubro de 1915. E nela viviu e estudou Ramiro até que emigrou a Buenos Aires en 1911.
Malia as distancias, moitos dos principais acontecementos da súa vida aparecen ligados a Compostela e ás persoas, iniciativas políticas e culturais e institucións que atoparon hospitalidade e fogar na capital simbólica e política de Galicia. Agardamos que este roteiro permita descubrir as pegadas compostelás dos irmáns Isla Couto no seu proxecto compartido de construír unha Galiza nova nunha Humanidade mellor.
2022-11-01T00:00:00ZA semente caía en terra propicia. Cartas ao meu benquerido irmán Xaime (1927-1957)
http://hdl.handle.net/10347/33315
A semente caía en terra propicia. Cartas ao meu benquerido irmán Xaime (1927-1957)
Isla Couto, Ramiro
Pastoriza Rozas, Xosé Luís
A Fundación Isla Couto, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recupera o epistolario de Ramiro Illa co seu irmán Xaime Isla. Un total de 55 cartas enviadas desde Arxentina, Brasil, Galicia, Portugal, Colombia, Perú, Uruguai e Venezuela entre 1927 e 1956 e que para Xaime eran “o mellor tesouro que teño na miña vida”, porque “esta correspondencia foi a miña escola e a mellor universidade a distancia que tiven na vida”. Como salienta Xosé M. Núñez Seixas no prólogo, este epistolario “constitúe un tesouro con múltiples facetas” que testemuña un caso singular de “aprendizaxe emocional da nación” entre dous irmáns de sangue e dous irmáns no galeguismo.
2022-01-01T00:00:00ZXaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia
http://hdl.handle.net/10347/33314
Xaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia
Pastoriza Rozas, Xosé Luís; Agís Villaverde, Marcelino
A Fundación Isla Couto, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presenta a primeira obra colectiva de estudo da vida, obra e compromiso militante galeguista de Xaime Isla Couto. O volume ábrese cunha conversa inédita do ano 1993 de Xaime Isla con María Luís Brey ao xeito de autobiografía intelectual. No volume, editado por Xosé L. Pastoriza e Marcelino Agís, e dividido en tres seccións (Galeguismo, Economía e Cultura, Cristianismo) colaboran Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Justo Beramendi, Xosé L. Franco Grande, Miguel Barros, Carlos Baliñas, Miguel Anxo Bastos, Xavier Martínez Cobas, Antón Vidal Andión, Alba Iglesias Varela, Rocío Carolo Tosar, Quico Domínguez, Xosé Fernández Lago, Marcelino Agís e Xosé Carlos Morell.
2022-01-01T00:00:00Z