Transformación xenética de plantas
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/10027
Files in this item
Metadata
Title: | Transformación xenética de plantas |
Author: | Torre Noya, Francisco Luís de la Segura Iglesias, Antonio Luis |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fisioloxía Vexetal Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Bioloxía |
Subject: | Enxeñaría xenética vexetal | Ingeniería genética vegetal | Agrobacterium tumefaciens | Agrobacterium rhizogenes | Biobalística | Transformación xenética de plantas | Transformación genética de plantas | Alteración xenética de plantas | Alteración genética de plantas | Microinxección | Microinyección | Electroporación | Arabidopsis thaliana | Fritillaria assyriaca | Biotecnoloxía Vexetal | Grao en Bioloxía | |
Date of Issue: | 2012 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Biotecnoloxía Vexetal ; 3 |
Abstract: | A presente unidade didáctica forma parte da Biotecnoloxía Vexetal, que trata da modificación dos vexetais de cara ao seu aproveitamento. É unha materia ordinaria do grao (RD 1393/2007),que necesita un alto nivel de comprensión de materias anteriores, como Bioquímica I e II e Xenética I e II de segundo curso, as Fisioloxías Vexetais I e II de terceiro curso, e moi especialmente a Bioloxía Molecular, obrigatoria do primeiro semestre de cuarto curso. Durante séculos, dende o inicio da agricultura, a humanidade fixo un gran esforzo no desenvolvemento de métodos que permitiron mellorar a calidade e a produción dos cultivos, tales como a hibridación e os cruzamentos selectivos. Se noutras áreas falamos de interese, no caso da biotecnoloxía vexetal debemos falar de necesidade, pois o sustento fundamental da alimentación sempre foi, e probablemente continúe a ser, a produción dos cultivos de plantas de interese comercial. Segundo todas as estimacións, a poboación humana medrará de forma significativa nas próximas décadas, mentres que a produción de alimentos de orixe vexetal se atopa nunha situación na que non cabe esperar achegas de novo solo ou melloras na produtividade por métodos tradicionais. Nese contexto, a transformación xenética aparece como unha ferramenta que se desenvolve para conseguir a suficiencia alimentaria da humanidade nun futuro próximo e para mellorar a produtividade económica e ambiental do sector agrícola. En contraste coa mellora xenética tradicional, que se basea no cruzamento de centos ou miles de xenes, a Biotecnoloxía Vexetal permite a transferencia dun ou duns poucos xenes desexables. Esta tecnoloxía máis precisa proporciona aos melloradores vexetais as ferramentas para obter plantas de cultivo con carácteres desexables dunha forma mais rápida e controlada. Hai, de calquera xeito, grandes retos que se deben asumir nos próximos anos, como a percepción social da transxénese, ou as dificultades e peculiaridades asociadas ás técnicas do cultivo in vitro e á enxeñaría xenética en plantas. Ademais da formación científica, esta materia permitirá ao alumnado ter unha capacidade crítica e fundamentada para valorar a presenza continua de novas asociadas á problemática da transformación xenética de cultivos empregados como alimento. De calquera xeito, a transformación xenética de plantas, entendida como o proceso que permite o estudo funcional dos xenes e a mellora molecular das plantas, presenta un notable interese para a formación de alumnos de Bioloxía e moi en particular para os futuros biotecnólogos vexetais. |
Description: | Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Biotecnoloxía Vexetal |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/10027 |
ISBN: | 978-84-9887-904-9 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Collections
-
- AC-Unidades didácticas [51]
- SNL - Unidades didácticas [121]
Except where otherwise noted, this item's license is described as © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Related items
Showing items related by title, author, creator and subject.
-
Planta de producción de óxido de propileno a partir de peróxido de hidrógeno
Rodríguez Oreiro, Ángeles Antonieta; Teixeira Taboada, Sabela (2020-07) -
Deseño básico dunha planta de produción de ciclohexanona a partir de fenol
Bonenfant Muñiz, Raúl; Fernández Pazó, Ismael (2020-07) -
Planta de producción de benzaldehído a partir de tolueno
Méndez Silva, Paloma; Vidal Gómez, Natalia (2020-07)