O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/10226
Files in this item
Metadata
Title: | O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control |
Author: | Muñoz Crego, María Ángeles Santos Rodríguez, María Ysabel Ferreirós Domínguez, Carlos Criado Álvarez, María Teresa |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia |
Subject: | Nivel de Seguridade Biolóxica | Nivel de Seguridad Biológica | Mostras e microbiota normal | Muestras y microbiota normal | Patoxenicidade microbiana | Patogenicidad microbiana | Tinguidura de Gram | Tinción de Gram | Modo de transmisión | Infección | Desinfección de alimentos cruz | Microbioloxía II | Grao en Farmacia | |
Date of Issue: | 2012 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Microbioloxía II ; 11 |
Abstract: | Actualmente, a materia Microbioloxía II impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso do Grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Está, polo tanto, dirixida ao alumnado de 2º Curso que xa posúe coñecementos previos acadados na Microbioloxía I, que é impartida no primeiro cuadrimestre, e que trata dos aspectos básicos morfolóxicos, fisiolóxicos e xenéticos dos microorganismos. Todos os estudantes de ciencias da saúde deben comprender os fundamentos da enfermidade infecciosa. As infeccións non se poden comprender sen certos coñecementos de Microbioloxía, e a infección é un dos principais mecanismos de produción de enfermidades, que pode afectar a calquera tecido ou órgano do corpo humano. No Grao de Farmacia, este obxectivo trátase de acadar na Microbioloxía II, cuxo programa está claramente dividido en once Unidades Didácticas nas que o profesorado tentará aproximar ao alumno, mediante un enfoque teórico e práctico, as causas e manifestacións das principais enfermidades de orixe infecciosa, as vías de transmisión de patóxenos así como os métodos de prevención e control de enfermidades. Deste modo preténdese simultanear a adquisición de coñecementos teóricos e a adquisición de destrezas na manipulación de microorganismos, así como o traballo en condicións asépticas. A Unidade Didáctica 11 ten como finalidade reforzar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas unidades precedentes. Pareceunos de especial interese para o alumno dispor dun manual práctico de laboratorio que recolla os obxectivos, fundamentos e procedementos de cada unha das clases prácticas que os alumnos van facer. Na presente Unidade Didáctica, concibida como dito manual, os alumnos poderán anotar as súas observacións e resultados. Deste xeito, o alumnado de Microbioloxía II desenvolverá unha maior e mellor conciencia microbiolóxica, que difire de calquera outro tipo de traballo experimental nun laboratorio, e que é o que lle imprime un carácter diferencial a esta disciplina. Este modo especial de actuar no laboratorio permitirá asentar e consolidar os conceptos fundamentais sobre esterilidade e contaminación. |
Description: | Titulación: Grao en Farmacia -- Materia: Microbioloxía II |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/10226 |
ISBN: | 978-84-9887-905-6 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Collections
-
- ACS-Unidades didácticas [32]
- SNL - Unidades didácticas [121]