Show simple item record

dc.contributor.authorMuñoz Crego, María Ángeles
dc.contributor.authorSantos Rodríguez, María Ysabel
dc.contributor.authorFerreirós Domínguez, Carlos
dc.contributor.authorCriado Álvarez, María Teresa
dc.date.accessioned2014-04-30T12:02:26Z
dc.date.available2014-04-30T12:02:26Z
dc.date.issued2012
dc.identifier.isbn978-84-9887-905-6
dc.identifier.otherD.L.: C. 1108-2012
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/10226
dc.descriptionTitulación: Grao en Farmacia -- Materia: Microbioloxía II
dc.description.abstractActualmente, a materia Microbioloxía II impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso do Grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Está, polo tanto, dirixida ao alumnado de 2º Curso que xa posúe coñecementos previos acadados na Microbioloxía I, que é impartida no primeiro cuadrimestre, e que trata dos aspectos básicos morfolóxicos, fisiolóxicos e xenéticos dos microorganismos. Todos os estudantes de ciencias da saúde deben comprender os fundamentos da enfermidade infecciosa. As infeccións non se poden comprender sen certos coñecementos de Microbioloxía, e a infección é un dos principais mecanismos de produción de enfermidades, que pode afectar a calquera tecido ou órgano do corpo humano. No Grao de Farmacia, este obxectivo trátase de acadar na Microbioloxía II, cuxo programa está claramente dividido en once Unidades Didácticas nas que o profesorado tentará aproximar ao alumno, mediante un enfoque teórico e práctico, as causas e manifestacións das principais enfermidades de orixe infecciosa, as vías de transmisión de patóxenos así como os métodos de prevención e control de enfermidades. Deste modo preténdese simultanear a adquisición de coñecementos teóricos e a adquisición de destrezas na manipulación de microorganismos, así como o traballo en condicións asépticas. A Unidade Didáctica 11 ten como finalidade reforzar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas unidades precedentes. Pareceunos de especial interese para o alumno dispor dun manual práctico de laboratorio que recolla os obxectivos, fundamentos e procedementos de cada unha das clases prácticas que os alumnos van facer. Na presente Unidade Didáctica, concibida como dito manual, os alumnos poderán anotar as súas observacións e resultados. Deste xeito, o alumnado de Microbioloxía II desenvolverá unha maior e mellor conciencia microbiolóxica, que difire de calquera outro tipo de traballo experimental nun laboratorio, e que é o que lle imprime un carácter diferencial a esta disciplina. Este modo especial de actuar no laboratorio permitirá asentar e consolidar os conceptos fundamentais sobre esterilidade e contaminación.
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Microbioloxía II ; 11
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectNivel de Seguridade Biolóxica
dc.subjectNivel de Seguridad Biológica
dc.subjectMostras e microbiota normal
dc.subjectMuestras y microbiota normal
dc.subjectPatoxenicidade microbiana
dc.subjectPatogenicidad microbiana
dc.subjectTinguidura de Gram
dc.subjectTinción de Gram
dc.subjectModo de transmisión
dc.subjectInfección
dc.subjectDesinfección de alimentos cruz
dc.subjectMicrobioloxía II
dc.subjectGrao en Farmacia
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241499 Otras (especificar)
dc.titleO laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/book
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia


Files in this item

application/pdf
Name: Muñoz_Crego_Angeles-Santos_Rodriguez_Ysabel-Ferreiros_Dominguez_Carlos_e_ Criado_Alvarez_MariaTeresa_UD11-ACS.pdf
Size: 2.963 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Except where otherwise noted, this item's license is described as  © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback