Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/10495
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade |
Autor/a: | Sánchez Carreira, María del Carmen Rodil Marzábal, Óscar |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Palabras chave: | Desenvolvemento | Desarrollo | Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) | Índice de Desarrollo Humano (IDH) | Crecemento económico | Crecimiento económico | Modernización económica e social | Subdesenvolvemento | Subdesarrollo | Débeda externa | Deuda externa | Desigualdade de Xénero | Desigualdad de Género | Índice de Pobreza Multidimensional | Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico | Grao en Economía | |
Data: | 2013 |
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Serie: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Estrutura Económica Mundial II:
Desenvolvemento Económico ; 1 |
Resumo: | A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. O módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade. Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico é continuación da materia Estrutura Económica Mundial I. A organización didáctica conxunta das dúas materias pretende que o alumnado dispoña duns coñecementos teóricos que lle permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía; dotar ao alumnado dun coñecemento básico da estrutura e configuración da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías europea, española e galega. A finalidade é que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e, coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación. |
Descrición: | Titulación: Grao en Economía -- Materia: Estrutura Económica Mundial II:
Desenvolvemento Económico |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/10495 |
ISBN: | 978-84-15876-58-8 |
Dereitos: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |