Explanacións
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/11398
Files in this item
Metadata of this item
Title: | Explanacións |
Author: | Castro Ponte, Alberte Núñez Temes, Carlos |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior |
Subject: | Obras de terra | Obras de tierra | Desmonte | Recheo | Relleno | Terraplén | Pedraplén | Piedraplén | A media ladeira | A media ladera | Noiro | Talud | Coroación | Coronación | Cimento | Cimiento | Diagrama densidade seca-humidade | Diagrama densidad seca-humedad | O ensaio Proctor | Ensayo de compactación Proctor | O ensaio CBR | Ensayo CBR | Pa escavadora hidráulica de eirugas | Excavadora hidráulica con orugas | Mototrailla | Mototraílla | Deseño e Construción de Obras Lineais | Grao en Enxeñaría Civil | |
Date of Issue: | 2011 |
Publisher: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Series/Report no.: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Deseño e Construción de Obras Lineais ; 3 |
Abstract: | Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados co tráfico por estrada necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado e sección transversal. Coa presente unidade didáctica, iníciase a parte do módulo cunha maior dedicación aos aspectos construtivos dunha estrada. Nesta unidade estúdanse as obras de explanacións, que xunto as obras de drenaxe (UD4) constitúen a infraestrutura dunha estrada. Explícanse os conceptos teóricos e normativos relacionados co deseño e a construción das explanacións: a clasificación e selección dos materiais, os parámetros de deseño e os seus ensaios de caracterización, as operacións de construción, e por último, a clasificación, formación e estabilización de explanadas. O módulo péchase cun tema no que se aborda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada. Moitos dos contidos desta unidade didáctica empregaranse de novo neste derradeiro tema. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. A temática que se traballa nesta unidade didáctica está estreitamente vinculada coa enxeñaría do terreo, e principalmente, cos contidos das materias “Enxeñaría do Terreo” e “Obras Xeotécnicas II”. Para un correcto seguimento da unidade didáctica, é necesario que o alumnado teña claros os conceptos relativos a descrición e clasificación dos solos. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte. |
Description: | Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/11398 |
ISBN: | 978-84-9887-557-7 |
Rights: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Collections
-
- SNL - Unidades didácticas [120]
- AEA-Unidades didácticas [11]