Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorCastro Ponte, Alberte
dc.date.accessioned2014-08-26T11:49:04Z
dc.date.available2014-08-26T11:49:04Z
dc.date.issued2011
dc.identifier.isbn978-84-9887-558-4
dc.identifier.otherD.L.: C 260-2011
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/11399
dc.descriptionTitulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais
dc.description.abstractEsta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, coordinación entre planta e alzado, e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse as obras de explanacións (UD3). Neste tema trabállanse, entre outros, os conceptos fundamentais relativos a formación e estabilización de explanadas, que terán unha gran importancia na presente unidade didáctica. En segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase con esta unidade didáctica, na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados cos firmes, que constitúen a superestrutura dunha estrada, e a conservación de vías. Na primeira parte, faise unha descrición dos firmes coas súas principais funcións e características, estúdanse as tipoloxías existentes, e móstranse os factores a considerar no seu deseño. A continuación, para rematar, realízase unha breve introdución á conservación de estradas, facendo fincapé na súa importancia. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. O alumnado ten a posibilidade de ampliar os coñecementos de firmes e conservación de vías adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Firmes e Conservación de Vías” que se imparte no 4º curso da titulación. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados nesta unidade didáctica poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación de estradas.
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Deseño e Construción de Obras Lineais ; 5
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectFirme
dc.subjectCimento do firme
dc.subjectCimiento del firme
dc.subjectExplanada
dc.subjectSubbase
dc.subjectPavimento
dc.subjectBalastro
dc.subjectBalasto
dc.subjectMacádam
dc.subjectMacadam
dc.subjectRego de adherencia
dc.subjectRiego de adherencia
dc.subjectMestura bituminosa
dc.subjectMezcla bituminosa
dc.subjectDeseño e Construción de Obras Lineais
dc.subjectGrao en Enxeñaría Civil
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3305 Tecnología de la construcción::330529 Construcción de carreteras
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3399 Otras especialidades tecnológicas (especificar)
dc.titleFirmes e conservación de vías
dc.typebook
dc.rights.accessRightsopen access
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: Castro_Ponte_Alberte_UD5-AEA.pdf
Tamaño: 2.115 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
A licenza do ítem descríbese como
 © Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións