Drenaxe
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/11403
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Drenaxe |
Autor/a: | Castro Ponte, Alberte Carballo Sánchez, Rodrigo |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior |
Palabras chave: | Infraestrutura | Infraestructura | Obra lineal | Estrada | Carretera | Álveos naturais | Cauces naturales | Precipitación | Gabia | Zanja | Embornal | Imbornal | Coeficiente de escorrentía (C) | Coeficiente de escorrentía (C) | Limiar de escorrentía (Po) | Umbral de escorrentía (Po) | Método de Témez | Grao en Enxeñaría Agroforestal | Deseño e Construción de Obras Lineais | |
Data: | 2013 |
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Serie: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Deseño e Construción de Obras Lineais ; 4 |
Resumo: | Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder aborda-lo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os aspectos normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Co seguinte tema (UD3) comeza a parte do módulo dedicada ao deseño e construción da infraestrutura dunha estrada. Neste caso preséntanse os aspectos máis importantes relacionados coas explanacións ou obras de terras. Na presente unidade didáctica (UD4) explícanse os fundamentos do deseño dos sistemas de drenaxe dunha infraestrutura viaria. Preséntanse, en primeiro lugar, os conceptos relativos á drenaxe superficial: estudos hidrolóxicos, estudos hidráulicos, descrición e deseño dos diferentes elementos de drenaxe, etc. e posteriormente, abórdanse brevemente os conceptos básicos relativos á drenaxe subterránea. O módulo péchase cun tema no que se estuda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. Para o correcto seguimento da mesma recoméndase que os alumnos teñan coñecementos básicos de Hidroloxía e Hidráulica de canles. En todo caso os conceptos relativos a estas disciplinas atópanse explicados con bastante profundidade na propia unidade. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte. |
Descrición: | Titulación: Grao en Enxeñaría Agroforestal -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/11403 |
ISBN: | 978-84-9887-975-9 |
Dereitos: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) |
Coleccións
-
- AEA-Unidades didácticas [18]
- SNL - Unidades didácticas [121]