O campo semántico das cores visto por tres xeracións
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/11689
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | O campo semántico das cores visto por tres xeracións |
Autor/a: | Villanueva Gesteira, María Dolores |
Palabras chave: | Campo semántico | Semantic field | Categorización | Categorization | Cognición | Cognition | Prototipos | Prototypes | Termos básicos de cor | Termos básicos de color | Basic colour terms | Hipónimo | Hyponym | Cambio lingüístico | Language change | Préstamo léxico | Lexical loan | Estranxeirismo | Extranjerismo | Foreign word | Galego (Lingua) | Gallego (Lengua) | Galician (Language) | |
Data: | 2009 |
Cita bibliográfica: | Villanueva Gesteira, M.D. (2009). O campo semántico das cores visto por tres xeracións. "Estudos de lingüística galega", vol. 1, 169-188 |
Resumo: | Os estudos lingüísticos manteñen extensamente que os nomes das categorías de cor nas linguas do mundo están organizados ao redor das cores focais universais, ou prototipos. Este traballo interésase por este campo semántico no galego a nivel oral. Escollemos nas pequenas aldeas galegas da Xesteira e Almofrei (concello de Cotobade, Pontevedra) cinco familias falantes de galego que tiveran membros pertencentes a tres xeracións. Leváronse a cabo vinte e dúas entrevistas que proporcionaron o material léxico comentado. O estudo pretende mostrar as categorías de cor nunha microcomunidade galega, o cambio lingüístico e as súas consecuencias semánticas. Observamos como as xeracións máis novas camiñan cara a unha maior homoxeneización do léxico, prefiren os termos aprendidos na escola aos empregados polas súas avoas e establecen unha categorización máis nítida no contínuum sensorial da cor. O contacto lingüístico co castelán levou á contaminación do léxico coa introdución de formas alleas ou coa adquisición de novas acepcións en termos propios. Compróbase o percorrido das palabras a través das tres xeracións, o desuso dalgunhas formas e a recuperación doutras, sen dúbida nesta última tarefa influíu moito a inserción do galego no ensino. |
Versión do editor: | http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/view/1493 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/11689 |
Coleccións
-
- ILG-Artigos [111]