Estudio sobre el empleo de macroalgas marinas como suplemento de minerales en vacuno de leche en régimen ecológico
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/12106
Files in this item
Metadata
Title: | Estudio sobre el empleo de macroalgas marinas como suplemento de minerales en vacuno de leche en régimen ecológico |
Author: | Rey Crespo, Francisco |
Advisor: | López Alonso, María Marta Miranda Castañón, Marta Inés |
Other Contributors: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria. Departamento de Patoloxía Animal |
Subject: | Expltacións agrícolas | Macroalgas marinas | Fonte de minerais | Gando ecolóxico | Vacún de leite | Galicia | |
Date of Issue: | 2015-01-28 |
Abstract: | A produción ecolóxica é un sistema global de xestión das explotacións agrícolas e de produción de alimentos que combina as mellores prácticas ambientais, un alto nivel de biodiversidade, a conservación dos recursos naturais, así como a promoción do desenvolvemento rural, a aplicación de normas de benestar animal e un método de produción acorde á preferencia de certos consumidores por produtos feitos a partir de substancias e procesos naturais. O piar fundamental da gandería ecolóxica é a alimentación animal. A normativa da gandería ecolóxica, prevé que polo menos o 60% do alimento nas granxas, debe ser forraxe fresco ou conservado e non permiten o uso rutineiro de vitaminas e minerais o que pode levar a deficiencias de minerais. As prácticas de manexo e a composición da dieta determinan en gran parte o nivel, tanto de elementos esenciais como tóxicos ao que está exposto o gando, e polo tanto, as concentracións destes elementos en produtos de orixe animal. Sabemos que as algas mariñas son ricas nunha ampla gama de aminoácidos, oligoelementos e vitaminas, con todo, e a pesar do alto contido de minerais da maioría das especies de algas, o seu uso como suplemento mineral non foi estudado, agás para o iodo. O obxectivo xeral deste traballo concéntrase en avaliar a posibilidade de utilización de macroalgas mariñas da costa de Galicia como unha fonte de minerais. Para iso, realizaranse os seguintes obxectivos específicos: (i) establecer o perfil mineral do gando leiteiro en España e avaliar se existe unha diferenza entre os sistemas ecolóxicos e convencionais, utilizando análise quimiométrica. (ii) realizar o que cremos ser o primeiro estudo sobre as concentracións de elementos esenciais e tóxicos en leite de granxas ecolóxicas, no norte de España, en comparación coa produción convencional. (iii) establecer a composición mineral (elementos tóxicos e esenciais) en algas do litoral de Galicia (NO España) e realizar un suplemento a base de algas con capacidade de aumentar os niveis de minerais, especialmente iodo e selenio nos animais. (iv) avaliar a viabilidade do uso de algas mariñas da costa de Galicia como unha fonte de minerais, sobre todo iodo e outros minerais en vacas leiteiras en produción ecolóxica. (v) avaliar o efecto da suplementación de algas soas ou en combinación cun suplemento mineral convencional (bolos ruminais) para mellorar o estado mineral de vacún de leite en granxas ecolóxicas e estimar o seu efecto sobre a composición mineral, a produción de leite e a composición (% de graxa, % de proteína e reconto de células somáticas). |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/12106 |
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Collections
-
- Área de Ciencias da Saúde [1135]
Except where otherwise noted, this item's license is described as Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl