Show simple item record

dc.contributor.advisorDíaz Fernández, Fernando
dc.contributor.advisorZurrón Ocio, Montserrat
dc.contributor.authorPinal Fernández, Diego
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía. Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. Programa de doutoramento en Neurociwencia
dc.date.accessioned2015-05-08T11:10:13Z
dc.date.available2015-05-08T11:10:13Z
dc.date.issued2015-05-08
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13316
dc.description.abstractO declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores. Consecuentemente, nesta tese de doutoramento analizouse o sinal electroencefalográfico durante a codificación, mantemento e recuperación da información en memoria de traballo viso-espacial. Deste xeito, estudouse tanto a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral, e a súa modulación por manipulacións da carga en memoria e da duración do mantemento; como o impacto do avellentamento en dita actividade. Os resultados amosaron que a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral durante a codificación e recuperación é semellante, abranguendo dende procesos perceptivos ata procesos post-categorización do estímulo. Manipulacións da carga en memoria modularon a asignación de recursos de procesamento para procesos de avaliación e categorización dos estímulos, así como para procesos postcategorización. En tanto que as manipulacións da duración do mantemento, modularon os recursos de procesamento recrutados por procesos perceptivos e de avaliación estimular durante a recuperación. Pola súa parte, o mantemento de información caracterizouse por un aumento da inhibición en áreas cerebrais irrelevantes para a tarefa, concorrente cunha redución dependente da carga na inhibición en áreas relevantes. En canto ó avellentamento, existe unha diminución da velocidade en diferentes aspectos da avaliación estimular durante a codificación e a recuperación. Tamén se observou maior dependencia do recrutamento dos recursos de procesamento frontais en relación ós parietais nos maiores. Amais, durante o mantemento de información apreciouse unha ineficiente coordinación, asociada á idade, das redes neurais relevante e irrelevante para a tarefa, que se caracterizou por un déficit na inhibición da rede irrelevante para a tarefa, asociado co deterioro da execución condutual.
dc.language.isoglg
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectMemoria de traballo
dc.subjectavellentamento
dc.subjectEEG
dc.subjectcarga en memoria
dc.subjectduración do mantemento
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::61 Psicología::6106 Psicología experimental::610601 Actividad cerebral
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::61 Psicología::6106 Psicología experimental::610606 Procesos de la memoria
dc.titleCambios relacionados coa idade na actividade eléctrica cerebral diante dunha tarefa de memoria de traballo viso-espacial
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesis
dc.identifier.CATALOGOhttp://iacobus.usc.es/record=b2360187~S1*gag
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: rep_839.pdf
Size: 25.63 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback