Show simple item record

dc.contributor.advisorFerreirós Domínguez, Carlos
dc.contributor.advisorSánchez Poza, Sandra
dc.contributor.authorFreixeiro Díaz, Paula
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía
dc.date.accessioned2015-05-19T08:51:52Z
dc.date.available2015-05-19T08:51:52Z
dc.date.issued2015-05-19
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13341
dc.description.abstractAínda que as vacinas baseadas en vesículas de membrana externa son eficaces fronte ás cepas epidémicas de N. meningitidis do serogrupo B, estas continúan a presentar importantes limitacións e estase a realizar un grande esforzo no desenvolvemento de novas vacinas e na reformulación das xa existentes. A resposta inmune fronte a estas vacinas diríxese principalmente fronte aos complexos de porinas. Este traballo pretende un mellor coñecemento dos complexos de porinas e do papel da RmpM mediante a renaturalización de complexos proteicos en liposomas. Ademais, avalíase o potencial vacinal dos proteoliposomas que conteñen complexos de porinas/RmpM. Os proteoliposomas preparados por diálise-extrusión que conteñen diferentes combinacións das proteínas recombinantes PorB, PorA, e RmpM permiten a renaturalización dos complexos de porinas e un perfil moi similar ao existente nas OMVs producidas pola bacteria. As análises realizadas mostran que a RmpM se unen aos complexos de porinas a través do seu extremo N-terminal mediante a interacción coa PorB, sendo un péptido de seis aminoácidos (VSGQSN) crucial para esta interacción. A asociación a outros complexos proteicos suxire un importante papel da RmpM no transporte de ións a través das membranas celulares, na translocación de proteínas a través do periplasma e na adhesión ás células do hóspede. Todos os proteoliposomas ensaiados induciron unha boa resposta inmune fronte á cepa homóloga, incluso en ausencia da PorA, mais a reactividade cruzada fronte as cepas heterólogas foi baixa. Os sistemas mostraron unha boa estabilidade a longo prazo a temperatura ambiente tras liofilización, sen se observaren diferenzas entre os dous axentes crioprotectores ensaiados, glicosa e trealosa. Polo tanto, os proteoliposomas son sistemas estábeis, de composición ben definida e cun grande interese como alternativa ás vacinas de OMVs e como vehículo para as novas vacinas de subunidades.
dc.language.isoglg
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectNeisseria meningitidis
dc.subjectNuevas vacunas
dc.subjectComplejos de porinas
dc.subjectProteoliposomas
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241402 Fisiología bacteriana
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241408 Procesos microbianos
dc.titleRenaturalización de complexos proteicos de membrana externa de Neisseria meningitidis en liposomas: estrutura e potencial vacinal
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesis
dc.identifier.CATALOGOhttp://iacobus.usc.es/record=b2360190~S1*gag
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: rep_844.pdf
Size: 27.28 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback