A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/13375
Files in this item
Metadata of this item
Title: | A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea |
Author: | Fernández Lombao, Tania |
Advisor: | Campos Freire, Francisco Manuel |
Other Contributors: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación |
Subject: | Medios de comunicación | Autorregulación | Responsabilidade Social Corporativa | Radiotelevisións públicas | |
Date of Issue: | 2015-06-01 |
Abstract: | O título desta tese de doutoramento é “A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea”. Esta cabeceira engloba as dúas cuestións sobre as que gravita toda a investigación: os medios de comunicación públicos e o sistema de autorregulación no ámbito da xestión. A inferencia política, os procesos viciados na toma de decisións, a caída da credibilidade e a desidia no cumprimento da misión de servizo público abocou ao groso das corporacións de radiotelevisión públicas da Unión Europea a baixos niveis de credibilidade e reputación. Non se trata dunha caída abrupta, de feito preto da metade continúan controlando o mercado de audiencias dos seus respectivos países, se ben a tendencia é negativa. A crise económica continúa a facer dano nestes entes que se viron obrigados a reestruturar cadros de persoal e reducir servizos. Todo isto, enmarcado nun escenario de converxencia dixital que propiciou a proliferación de canles, a fragmentación das audiencias e a chegada da comunicación 2.0 como alicerce da interactividade. Neste contexto, preséntase a Responsabilidade Social Corporativa como sistema a través do cal xestionar o comportamento responsable no eido económico, social e medioambiental. Ademais, é un concepto chave para garantir o correcto desenvolvemento da función de servizo público que lexitima a propia existencia das radiotelevisións públicas e sen a cal tenderían á desaparición. A investigación xira arredor da implementación da RSC nas corporacións de Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Portugal e Reino Unido. Por unha banda, esmiúzase o contido das memorias de desempeño sobre esta cuestión que estes entes publican periodicamente e, por outra, achéganse os resultados dun cuestionario de vinte e oito preguntas que foi enviado a toas as radiotelevisións públicas europeas, desenvolvan ou non este sistema de xestión. Os resultados constatan que a vontade das nove corporacións que desenvolven accións formalmente entendidas como Responsabilidade Social Corporativa é a de robustecer a reputación nun escenario cada vez máis competitivo. Neste senso, os ámbitos aos que destinan a maior parte dos seus esforzos son o laboral e o medioambiental, seguidos do social. Detéctanse dúas eivas na asunción desta filosofía. A primeira é relativa á pouca atención prestada aos preceptos da misión de servizo público á hora de desenvolver a RSC. A segunda ten que ver coa falta de avaliación. Ningunha das nove corporacións emprega auditorías, internas ou externas, para avaliar o éxito ou fracaso das súas accións. Sen medición non é posible a elaboración de estratexias cribles e realizables. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13375 |
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Collections
This item's license is described as
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl