dc.contributor.advisor | Álvarez Pousa, Luís |
dc.contributor.author | Puñal Rama, Ana Belén |
dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación |
dc.date.accessioned | 2015-06-01T08:47:03Z |
dc.date.available | 2015-06-01T08:47:03Z |
dc.date.issued | 2015-06-01 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/13376 |
dc.description.abstract | A investigación académica en Comunicación e Xénero desvela as discriminacións que das mulleres se fan nas representacións mediáticas. No Estado español, estes estudos adoitan estar referidos ás representacións sobre as mulleres brancas occidentais, heterosexuais e de clase media. Desa carencia nace a presente investigación, que está centrada nas representacións sobre a prostitución en El País e ABC, dende 1977 até 2012. Neste traballo analízase a valoración que fan El País e ABC do fenómeno da prostitución nos seus contidos: o proceso de selección e xerarquización da información, a tematización e creación de marcos referenciais, as representacións que se fan dos distintos suxeitos sociais involucrados na realidade da prostitución e o seu nivel de acceso ao discurso informativo, a análise das marcas textuais que deixan as rutinas de produción xornalística na construción do relato, así como o modo en que a axenda político institucional e o tecido cívico son trasladados aos medios de comunicación. A tese formula, entre as súas principais hipóteses, a influencia do contido político no mediático e a divulgación dun discurso simplificado e estigmatizador que está, ademais, determinado polos parámetros ideolóxicos do medio. Metodoloxicamente, bota man da combinación das análises do contido e do discurso. Os resultados evidencian a correlación do discurso político e o mediático. O asentamento da problemática da prostitución nas políticas públicas na última etapa analizada reflíctese nun incremento da información, da relevancia que se lle outorga e da profundidade con que se aborda. Os marcos temáticos do discurso político inflúen, así mesmo, no mediático, como acontece no caso da loita contra a trata. Constátase a existencia dun discurso simplificador, moi influído polo estigma, que vén modulado así mesmo pola liña ideolóxica do medio. |
dc.language.iso | glg |
dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
dc.subject | Xénero |
dc.subject | Prostitución |
dc.subject | Medios de comunicación |
dc.subject | Prensa |
dc.subject | El País |
dc.subject | ABC |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::63 Sociología::6309 Grupos sociales::630909 Posición social de la mujer |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591003 Prensa |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591002 Medios de comunicación de masas |
dc.title | Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012) |
dc.type | info:eu-repo/semantics/doctoralThesis |
dc.identifier.CATALOGO | http://iacobus.usc.es/record=b2359663~S1*gag |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
Files in this item
This item appears in the following Collection(s)
This item's license is described as
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl