Title: | A parroquia galega a partir da “Carta Geométrica de Galicia”
|
Author: | Álvarez Monterroso, María del Carmen
|
Advisor: | Santos Solla, Xosé Manuel
|
Other Contributors: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Xeografía. Programa de
Doutoramento Análise Territorial e Organización do Espazo en Galicia
|
Subject: | Carta Geométrica de Galicia | Estrutura Administrativa de Galicia | Parroquias | Sistemas de Información Xeográfica | |
Date of Issue: | 2015-09-15
|
Abstract: | Esta tese de doutoramento pretende analizar a transcendencia da “Carta Geométrica de Galicia”, obra magna de Domingo Fontán. Non hai ningún estudio científico posterior á problemática da Carta de Fontán sobre a importancia que representou como primeiro mapa en España que permitiu coñecer, mellor que ningún outro, o territorio de Galicia. Facíase necesario hoxe en día o avance cartográfico do coñecemento do territorio galego da Carta Xeométrica mediante altas tecnoloxías da información xeográfica.O principio da investigación sitúase na elección do mapa de Domingo Fontán como base de inicio por ser o primeiro mapa de Galicia realizado seguindo o método científico, e por aparecer cartografadas nel con precisión preto de 4.000 parroquias do seu tempo. Este proxecto ten como obxectivo afondar no coñecemento da evolución histórica das parroquias en Galicia no século XIX. Establecín como obxectivo prioritario levar a cabo o estudo exhaustivo da “Carta Geométrica de Galicia” como fonte básica coa que se pretende ampliar o coñecemento sobre a realización do mapa, as técnicas e os instrumentos empregados, as medicións e triangulacións realizadas así como tamén os posibles erros que estes cálculos poderían ter nunha análise actualizada. Complétase a visión da situación actual do territorio. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13575
|
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|