O romancillo da cea do cordeiro, texto galego do século XVII
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13594
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | O romancillo da cea do cordeiro, texto galego do século XVII |
Autor/a: | Álvarez Blanco, Rosario González Seoane, Ernesto Xosé |
Palabras chave: | Galego (Lingua) | Gallego (Lengua) | Galician (Language) | Edición de textos | Text editing | |
Data: | 2015 |
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Cita bibliográfica: | Álvarez Blanco, Rosario / Ernesto González Seoane (2015). O romancillo da cea do cordeiro, texto galego do século XVII. En: "En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie" (pp. 21-40). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela |
Resumo: | O esplendor do barroco galego, que deu obras cimeiras nos campos da arquitectura e da escultura, non tivo correlato na literatura nin na produción escrita en xeral. Por iso, na historia da lingua e a cultura galegas o período comprendido polos séculos xvi, xvii e xviii foi nomeado, de maneira ben plástica, Séculos Escuros, en contraposición explícita co Século de Ouro español e co Século das Luces europeo. A práctica desaparición da escrita en galego volve importantes, por excepcionais, todas as composicións, impresas ou manuscritas, producidas nesta lingua durante eses séculos. Tal é o caso do poema anónimo que ten por primeiro verso «Vira gallegiña», chamado por nós «Romancillo da cea do cordeiro». Nesta contribución ofrecemos a edición, contextualización e caracterización desta nova peza non moi extensa, composta probablemente contra fi nais do século xvii e descoñecida ata agora |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13594 |
ISBN: | 978-84-16183-96-8 |