Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorGonzález González, Manuel
dc.date.accessioned2015-09-25T11:15:28Z
dc.date.available2015-09-25T11:15:28Z
dc.date.issued2015
dc.identifier.citationGonzález González, Manuel (2015). O preprocesado lingüístico nos programas de síntese de voz. En: "En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie" (pp. 91-101). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
dc.identifier.isbn978-84-16183-96-8
dc.identifier.otherD.L. C. 1193-2015
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13595
dc.description.abstractPodemos dicir que nos últimos anos as tecnoloxías da fala están de moda, e están de moda porque nos facilitan o traballo, permiten unha maior eficiencia e posibilitan logros que eran practicamente impensables hai ben poucos anos. Xa difi cilmente se entende unha sociedade moderna sen unha forte presenza das tecnoloxías da fala. Hoxe cando telefonamos ao Hospital ou á Universidade a nosa chamada non é recibida por un telefonista, senón por unha máquina que nos pregunta se coñecemos o número do cuarto ou a extensión do gabinete cos que nos queremos comunicar, e o propio sistema vainos dirixindo ata establecer a comunicación que desexamos. Se queremos obter por teléfono a información meteorolóxica dun determinado lugar, o máis normal será que nos responda unha máquina que atenda a nosa demanda e responda a nosa solicitude. Na actualidade é normal que un invidente poida consultar unha páxina web e poida navegar por ela sen dificultade ou que poida consultar un dicionario en liña facendo uso da voz e do oído. Son moitos xa os que utilizan un ditáfono para escribir un texto, en vez de introducilo a través do teclado. Todo isto é posible grazas ás tecnoloxías da fala, fundamentais para a automatización do mundo da comunicación e da información e para o acceso a determinados servizos por parte de persoas con algunha minusvalía ás que estes servizos lles estaban totalmente vedados non hai moito tempo. Dentro das tecnoloxías da fala, a síntese de voz ocupa un lugar de especial relevancia, xa que permite a conversión de calquera texto escrito nun texto oral sen a intervención humana directa. Hai diversos procedementos para lograr a voz sintetizada, pero hoxe os sistemas máis eficientes son os que se basean na concatenación de unidades.Para a lingua galega construíronse ata o momento tres conversores texto-voz: a) Cotovía, desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades por enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo (baixo a dirección de Carme García Mateo) e por lingüistas da Universidade de Santiago (baixo a dirección de Manuel González González), b) o elaborado por Telefónica I+D, fundamentalmente para uso da propia empresa; e c) o de Loquendo, a corporación multinacional de tecnoloxía de software, con sede central en Torino, líder en tecnoloxías da fala. Os tres sistemas en funcionamento ata o momento constan de dous grandes módulos: un módulo lingüístico e un módulo acústico, e nos tres participei en maior ou menor medida na elaboración e posta a punto dos seus respectivos módulos lingüísticos.
dc.language.isoglg
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
dc.subjectGalego (Lingua)
dc.subjectGallego (Lengua)
dc.subjectGalician (Language)
dc.subjectTranscrición
dc.subjectTranscripción
dc.subjectTranscription
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada
dc.titleO preprocesado lingüístico nos programas de síntese de voz
dc.typebook part
dc.rights.accessRightsopen access


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: ManuelGonzalezGonzalez_HomenaxeMackenzie.pdf
Tamaño: 954.9 Kb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións