Orde dos clíticos pronominais en complexos verbais do galego: da variación ao cambio
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/13668
Files in this item
Metadata
Title: | Orde dos clíticos pronominais en complexos verbais do galego: da variación ao cambio |
Author: | Santos Raña, Irene |
Subject: | Galego (Lingua) | Gallego (Lengua) | Galician (Language) | Sintaxe | Sintaxis | Syntax | Variación | Variation | Colocación pronominal | Pronoun placement | Complexos verbais | Complejos verbales | Verbal complex | |
Date of Issue: | 2015-10-30 |
Abstract: | Esta investigación ten como obxectivo analizar os cambios na disposición dos clíticos en construcións con máis dunha forma verbal en textos galegos dos dous últimos séculos. Algúns traballos previos mostraron que a variable tempo parece un desencadeante importante no cambio que se vén producindo na lingua galega nestas construcións. Estes estudos baséanse fundamentalmente na comparación da lingua medieval coa moderna. A nosa análise céntrase no estudo de textos escritos de tres períodos temporais do galego moderno: 1875-1900, 1900-1936 e 1975-2000. Os datos obtivéronse do corpus de textos escritos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Para completar a descrición e análise dos datos, ademais da variable tempo, teranse en conta factores relacionados coa gramaticalización das construcións e a forma do clítico (persoa, caso, xénero, número). Os resultados desta análise preliminar permiten avaliar o peso de cada unha das variables citadas no cambio que se está a producir no sistema gramatical do galego. |
Description: | Este relatorio presentouse no Gallaecia - III Congresso Internacional de Linguística Histórica . Universidade de Santiago de Compostela, 27-30 de xullo de 2015 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13668 |