A estimulación transcraneal por corrente directa como ferramenta para a mellora da memoria a longo prazo
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13681
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A estimulación transcraneal por corrente directa como ferramenta para a mellora da memoria a longo prazo |
Autor/a: | Fernández Rodríguez, Alba |
Dirección/Titoría: | Díaz Fernández, Fernando |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía |
Palabras chave: | Transcranial direct current stimulation | Cognitive enhancement | Episodic memory | Prefrontal dorsolateral cortex | Estimulación transcraneal | Mejora cognitiva | Mejora episódica | Estimulación transcranial por corrente directa | Mellora cognitiva | Mellora episódica | Córtex prefrontal dorsolateral | ETCD | CPFDL | |
Data: | 2015 |
Resumo: | [GL] A estimulación transcranial por corrente directa (ETCD) constitúe unha técnica non invasiva de estimulación cerebral que modifica a excitabilidade neuronal causando efectos similares á potenciación a longo prazo. Nos últimos anos ademais, xurdiu un interese sobre o posible uso desta técnica para acadar melloras cognitivas visibles en persoas sans e diversos traballos poñen de manifesto a súa capacidade para obter melloras na memoria a curto e longo prazo.
Neste traballo pretendeuse comprobar se a técnica podería empregarse para lograr unha mellora da memoria episódica nunha mostra de estudantes universitarios sans. Para isto, nun estudo dobre cego, administróuselle ETCD ao grupo experimental, no córtex prefrontal dorsolateral esquerdo (CPFDL), cunha intensidade de 2mA durante 18 minutos, mentres que ao grupo control recibiu estimulación simulada (placebo), ao tempo que realizaban unha tarefa de memoria declarativa. Nos experimentos realizados atopáronse efectos significativos na aprendizaxe dos participantes pero non se conseguiu por de manifesto unha relación entre a aplicación da técnica de ETCD e unha mellora significativa no rendemento dos participantes na tarefa de memoria ou nos test neuropsicolóxicos post-intervención.
Os resultados obtidos indican que, para as condicións de estimulación e da tarefa empregadas no presente estudo, a estimulación anódica no CPFDL esquerdo non mellorou o rendemento na memoria episódica nin nos test neuropsicolóxicos post-intervención. [EN] Transcranial direct current stimulation (tDCS) constitutes a non-invasive brain stimulation technique that modifies neuronal excitability leading to similar effects as long term potentiation. Over the last years, an interest was developed on the possible use of this technique to achieve visible cognitive enhancement on healthy individuals, and several research works assess its ability to improve short and long term memory. On this work, it was intended to demonstrate whether this technique could be employed to achieve an improvement on the episodic memory on a sample of healthy college students. To this end, in a double blind study, we treated an experimental group with tDCS on the left dorsolateral prefrontal cortex (DLPFC) with an intensity of 2mA for 18 minutes, meanwhile the control group received sham stimulation, while they performed a declarative memory task. We found significant effects on the individuals’ learning; however we were not able to display any relation between the application of the tDCS technique and a significant enhancement on the participants´ performance in the memory task or in the neuropsychologic measures taken after Obtained results indicate that for the stimulation and the employed task conditions, anodal stimulation on the left DLPFC do not lead to an improvement of memory performance or to an improvement in neuropsychological measures. |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Psicoloxía. Curso 2014-2015 Traballo Fin de Grao. Modalidade 2 “Proxecto de investigación empírica e/ou desenvolvemento dun estudo piloto" |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13681 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España |
Coleccións
-
- Grao en Psicoloxía [59]