A minería do wolframio en Galicia durante o século XX. Aspectos económicos e sociais. O caso de Santa Comba
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/13753
Files in this item
Metadata
Title: | A minería do wolframio en Galicia durante o século XX. Aspectos económicos e sociais. O caso de Santa Comba |
Author: | Vila Velo, Natalia |
Advisor: | Rojo Sánchez, Javier |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Subject: | Wolframio | Minas | Santa Comba (Galicia) | Aspectos económicos | Aspectos sociais | Historia | |
Date of Issue: | 2015-12-03 |
Abstract: | A minería do wolframio tivo unha gran importancia en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial (1936-1939) e máis durante a denominada Guerra de Corea(1950-1953). Unha das zonas mineiras máis notables foi a de Santa Comba, concretamente, as minas situadas no lugar de Barilongo. Neste traballo fixemos unha revisión da bibliografía existente sobre a historia deste mineral en Galicia e especialmente no devandito lugar, para seguir centrándonos nun aspecto ata agora descoñecido: o do impacto local dun negocio, que aínda que durou pouco debeu de ter un efecto moi forte. Con este obxetivo tratamos, en primeiro lugar de estudar os cambio no comercio local a través da documentación de permisos de apertura ou dos padróns da contribución industrial que as máis das veces existen nos arquivos municipais. Pero a inexistencia de tais datos no caso de Santa Comba, levounos a tentar un obxetivo distinto, o dos efectos demográficos do boom mineiro. Tras consultar os arquivos parroquiais da parroquia na que se asentaron as minas (San Salvador de Padreiro) e mais da capital do concello (Santa Cataliña da Armada en Santa Comba) constatamos que os impactos demográficos daquela minería foron relativamente limitados, posto que a brevedade da actividade fixo que o traballo fora atendido maioritariamente por labregos que viñan de concellos limítrofes, que non mudaron o seu domicilio. |
Description: | Traballo Fin de Grao en Economía. Curso 2014-2015 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13753 |
Rights: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España |
Collections
-
- Grao en Economía [51]