dc.contributor.advisor | Ledo Andión, Margarita (dir.) |
dc.contributor.author | Gómez Viñas, Xan |
dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) |
dc.date.accessioned | 2016-02-16T07:57:19Z |
dc.date.available | 2016-02-16T07:57:19Z |
dc.date.issued | 2016-02-16 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/13850 |
dc.description.abstract | O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta, circulan a través dunha rede de distribución alternativa, composta por cineclubs, teleclubs, asociacións de veciños, parroquias, colexios ou locais sindicais. Desde o filme doméstico, destinado á perpetuación da imaxe da institución familiar, até a expresión militante, que procura un espectador activo e partícipe dos procesos históricos, pasando pola esfera estritamente amateur, que se move arredor de festivais e clubs de cinema afeccionado, procedemos á identificación e análise das principais iniciativas que compoñen a escena cinematográfica do momento. Logo do necesario labor taxonómico, a pesquisa centra o seu foco en tres colectivos de filmación que, ao longo da década, buscan asentar as bases para a creación dunha cinematografía propia para Galiza. A aproximación ao caudal creativo dos grupos Lupa, Imaxe e Enroba permítenos desenvolver un exhaustivo estudo de cadansúas filmografías, ao tempo que detectamos coincidencias e especificidades. A análise comparada dos tres colectivos en termos de estrutura organizativa, escollas formais ou posicionamentos fronte a unha posible profesionalización do sector, lévanos a unha síntese das distintas correntes de pensamento que se sitúan na cerna do cinema galego contemporáneo. |
dc.language.iso | glg |
dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
dc.subject | Cinema amateur |
dc.subject | cinema militante |
dc.subject | Equipo Lupa |
dc.subject | Grupo Imaxe |
dc.subject | Enroba |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620301 Cinematografía |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630101 Evolución cultural |
dc.title | Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70 |
dc.type | info:eu-repo/semantics/doctoralThesis |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
Files in this item
This item appears in the following Collection(s)
Except where otherwise noted, this item's license is described as Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl