As reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/13866
Files in this item
Metadata of this item
Title: | As reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega |
Author: | Ferreira Boo, María del Carmen |
Advisor: | Roig Rechou, Blanca Ana Reis da Silva, Sara |
Other Contributors: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega |
Subject: | contos marabillosos | literatura infantil e xuvenil galega | conto de transmisión oral | narrativa | |
Date of Issue: | 2016-02-17 |
Abstract: | O obxecto central deste estudo é a reflexión e análise das reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende as súas orixes até o ano 2010. Na primeira parte, realízase unha fundamentación teórica e metodolóxica sobre o conto de transmisión oral en xeral e o conto marabilloso, en particular, reparando sobre todo nas achegas teóricas de Vladimir Propp (1928, 1946) e Antonio Rodríguez Almodóvar (1982, 1989, 2004) sobre a súa orixe, definición, caracterización e actantes, ademais de recoller as reflexións dos estudosos sobre o seu aproveitamento, modificación e reescrituras na conformación da Literatura Infantil e Xuvenil. A segunda parte, a máis extensa, ofrece unha breve contextualización socio-política e cultural e un percorrido pola Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar diacronicamente a produción narrativa infantil e xuvenil dos catro tipos de reescrituras dos contos marabillosos (instrumentais, lúdicas, ideolóxicas e humanizadoras), propostas por Valriu (2010), en tres periodos cronolóxicos (das orixes a 1980, de 1980 a 2000 e de 2000 a 2010) nos que se constata o abundante número de publicacións e as innovacións que ofrecen en canto ao hipotexto. Ademais, ao finalizar a panorámica de cada periodo, coméntanse máis exhaustivamente unha selección daquelas reescrituras “lúdicas”, “ideolóxicas” e “humanizadoras” máis representativas e innovadoras en cada periodo, reparando no argumento, estrutura, punto de vista, temporalización, espacialización, personaxes e ilustracións. Finalmente coas conclusións, ademais da visión xeral e en conxunto sobre os cambios e innovacións máis salientables, achégase a tipoloxía daqueles personaxes arquetípicos dos contos marabillosos que se empregaron nas reescrituras narrativas infantís e xuvenís galegas. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13866 |
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Collections
This item's license is described as
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl