Show simple item record

dc.contributor.advisorRoig Rechou, Blanca Ana
dc.contributor.advisorReis da Silva, Sara
dc.contributor.authorFerreira Boo, María del Carmen
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega
dc.date.accessioned2016-02-17T12:00:15Z
dc.date.available2016-02-17T12:00:15Z
dc.date.issued2016-02-17
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13866
dc.description.abstractO obxecto central deste estudo é a reflexión e análise das reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende as súas orixes até o ano 2010. Na primeira parte, realízase unha fundamentación teórica e metodolóxica sobre o conto de transmisión oral en xeral e o conto marabilloso, en particular, reparando sobre todo nas achegas teóricas de Vladimir Propp (1928, 1946) e Antonio Rodríguez Almodóvar (1982, 1989, 2004) sobre a súa orixe, definición, caracterización e actantes, ademais de recoller as reflexións dos estudosos sobre o seu aproveitamento, modificación e reescrituras na conformación da Literatura Infantil e Xuvenil. A segunda parte, a máis extensa, ofrece unha breve contextualización socio-política e cultural e un percorrido pola Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar diacronicamente a produción narrativa infantil e xuvenil dos catro tipos de reescrituras dos contos marabillosos (instrumentais, lúdicas, ideolóxicas e humanizadoras), propostas por Valriu (2010), en tres periodos cronolóxicos (das orixes a 1980, de 1980 a 2000 e de 2000 a 2010) nos que se constata o abundante número de publicacións e as innovacións que ofrecen en canto ao hipotexto. Ademais, ao finalizar a panorámica de cada periodo, coméntanse máis exhaustivamente unha selección daquelas reescrituras “lúdicas”, “ideolóxicas” e “humanizadoras” máis representativas e innovadoras en cada periodo, reparando no argumento, estrutura, punto de vista, temporalización, espacialización, personaxes e ilustracións. Finalmente coas conclusións, ademais da visión xeral e en conxunto sobre os cambios e innovacións máis salientables, achégase a tipoloxía daqueles personaxes arquetípicos dos contos marabillosos que se empregaron nas reescrituras narrativas infantís e xuvenís galegas.
dc.language.isoglg
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectcontos marabillosos
dc.subjectliteratura infantil e xuvenil galega
dc.subjectconto de transmisión oral
dc.subjectnarrativa
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570107 Lengua y literatura
dc.titleAs reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesis
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Files in this item

application/pdf
Name: rep_1009.pdf
Size: 37.26 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Except where otherwise noted, this item's license is described as  Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Harvesters:Useful links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback