Os xéneros dialogados na lírica románica medieval
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13885
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Os xéneros dialogados na lírica románica medieval |
Autor/a: | Vázquez García, Tania |
Dirección/Titoría: | Corral Díaz, Esther |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía |
Palabras chave: | Literatura románica | Literatura medieval | Xénero | Género | Lírica | |
Data: | 2015 |
Resumo: | Neste traballo pretendemos estudar e caracterizar os xéneros dialogados presentes nas distintas tradicións líricas romances partindo dos tratados poéticos que fan alusión a eles e dun corpus representativo de cada dominio lingüístico. Con esta finalidade, centraremos a nosa atención naquelas modalidades nas que o intercambio comunicativo directo entre dous interlocutores (xeralmente trobadores, aínda que en certas tradicións serán máis propiamente poetas) é un elemento constitutivo fundamental e característico, sen atender a tipoloxías como a alba, a pastorela, a cantiga de amor ou de amigo dialogadas, nas que, aínda que está presente a forma conversacional, non é unha estrutura esencial na caracterización tipolóxica. Polo tanto, fixarémonos na tenson e no partimen por ser os xéneros dialogados nos que o compoñente disputativo se amosa como unha característica singular e que, ademais, contaron cunha continuación fóra do ámbito no que se xestaron. Deste modo, poderemos observar o distinto tratamento que adquiriron nas tradicións das líricas occitana, francesa, galego-portuguesa, así como nas áreas italiana e castelá |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Linguas e Literaturas Modernas : Filoloxía Románica |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13885 |