A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13990
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo |
Autor/a: | Barba Núñez, María |
Dirección/Titoría: | Meira Cartea, Pablo Ángel Morán de Castro, María Carmen |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social |
Palabras chave: | educación ambiental | Bourdieu | historias de vida | ocupación profesional | políticas sociais | |
Data: | 2016-03-21 |
Resumo: | A educación ambiental (EA) está a vivir un proceso sistemático de desmantelamento xustificado de modo recorrente nos determinantes e consecuencias da crise económica. Fronte a esta dubidosa argumentación, este traballo explora a xénese e traxectoria da EA en Galicia, co obxecto de desvelar as loitas de poder que condicionaron a súa evolución e determinan o estado actual. Empréganse as teorías sociolóxicas de Bourdieu como marco para realizar unha representación da súa traxectoria como campo social e simbólico estruturado, identificando os conflitos e enfrontamentos que o constituíron e o constitúen. Metodoloxicamente, a investigación responde a un enfoque sociobiográfico mixto, baseado nas traxectorias de vida de 9 educadoras/es ambientais, con posicións heteroxéneas na estrutura do campo (idade, xénero, formación e perfil profesional). Os relatos son apoiados cos datos cuantitativos recollidos a través dunha enquisa realizada a unha mostra de 114 educadoras/es ambientais de Galicia, na que se exploran as súas condicións sociolaborais, nunha comparativa entre 2007 e 2013. Emprégase a técnica de grupos de discusión para contrastar cos/as participantes as interpretacións iniciais do estudo. A investigación reflicte o proceso de profesionalización que experimentou o campo nas últimas décadas, favorecido pola implicación das/os seus integrantes e polo paulatino recoñecemento por parte das administracións públicas. Esta tendencia trúncase co inicio da crise financeira, levando a unha forte destrución de actividade e emprego no sector. Identifícanse tamén na relación coas administracións certas dinámicas daniñas que se traducen na reorientación das prácticas e discursos en función da dependencia económica, e no esvaecemento da súa dimensión militante. Esta situación vese favorecida pola posición marxinal da EA no espazo social (carácter contrahexemónico) e nos espazos académicos e profesionais nos que se inscribe; polas loitas internas de carácter corporativista; e pola escasa autonomía do campo que o fai en exceso permeable a aspiracións e lóxicas de funcionamento alleas. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13990 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl