Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorMartínez Hermida, Marcelo Antonio
dc.contributor.advisorRasse, Paul
dc.contributor.authorCampoy García, Comba
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Xornalismo
dc.date.accessioned2016-04-11T08:17:30Z
dc.date.available2016-04-11T08:17:30Z
dc.date.issued2016-04-11
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14577
dc.description.abstractA tese aborda unha expresión da cultura popular galega, a barraca de feira de Barriga Verde, e cuestiona o papel que xogou durante a súa última etapa de vida: os anos da postguerra (1939-1960). Pártese da consideración do teatro en xeral, e o teatro popular de marionetas en particular, como medio de comunicación. Por outra parte, empréganse as nocións teóricas de resistencia simbólica e massmediación para formular a hipótese de que o medio de comunicación analizado (o espectáculo de Barriga Verde) tería xogado un papel como infrapolítica dos grupos subalternos durante os anos posteriores á Guerra Civil en Galiza.. Asemade, propón a posibilidade de que ese papel como forma de resistencia simbólica poida ser xogado de novo polo espectáculo nun proceso de reactivación social en marcha. No traballo expóñense de xeito pormenorizado todos os datos relativos á xénese do espectáculo, pondo de relevo a dificultade atopada á hora de rastrexar unha creación de natureza colectiva e popular, na que os rexistros e as fontes disponíbeis son escasas. A partir de documentos hemerográficos e de relatos de vida abórdase unha análise do discurso do espectáculo que permite confirmar que constituíu unha expresión do discurso oculto das subalternas, aquel que non podía ser expresado abertamente durante un período de forte represión como foron as primeiras décadas da ditadura franquista. Por outra banda, analízanse as estratexias dos artistas ambulantes responsábeis do espectáculo para adaptarse ao contexto das industrias culturais. Por último, a partir da observación participante no proceso de activación patrimonial do espectáculo actualmente en marcha, valórase a posibilidade de revivir a potencialidade do mesmo como forma de crítica ao poder na actualidade.
dc.language.isoglg
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectteatro popular
dc.subjectmarionetas
dc.subjectfolklore
dc.subjectconflictos sociais
dc.subjectGrupo de teatro Barriga Verde
dc.subjectGalicia
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5906 Sociología política::590606 Conflictos sociales
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620310 Teatro
dc.titleO teatro popular como medio de comunicación das subalternas. O caso do espectáculo de marionetas de Barriga Verde na Galiza da Posguerra. (1939-1960)
dc.typedoctoral thesis
dc.rights.accessRightsopen access


Ficheiros no ítem

application/pdf
Nome: rep_1076.pdf
Tamaño: 81.24 Mb
Formato: PDF


Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
A licenza do ítem descríbese como
 Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl





Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións