O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/14616
Files in this item
Metadata of this item
Title: | O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005 |
Author: | Fernández Mariño, Ramón |
Advisor: | Álvarez Pousa, Luís Barreiro Rivas, Xosé Luis |
Other Contributors: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Departamento de Ciencia Política e da Administración |
Subject: | fanzine | Zine | alternativo | underground | Fraga | discurso e monopolio | |
Date of Issue: | 2016-04-19 |
Abstract: | As publicacións autoeditadas denominadas fanzines ou zines, son a expresión máis destacada do chamado xornalismo amateur ou non profesional. A libertade creativa e de opinión case sen límites e os custes case inexistentes de produción e distribución, converteron a estas publicacións en plataformas idóneas para que o público coñecese movementos como o punk, o okupa, o hardcore, o antimilitarista e o antiautoritario. Este tipo de medios axudaron tamén a identificar comunidades de xente nova que trataron de resistir o que consideraban inxusto, como o desemprego, a falta de vivenda ou o servizo militar obrigatorio. Os fanzines crearon comunidades que se autoidentificaban e autoafirmaban diante dos denominados poderes cívicos e políticos. Isto mesmo aconteceu na Galiza entre os anos 1990 e 2005, durante os gobernos autonómicos presididos por Manuel Fraga. Os fanzines deron a coñecer a especulación urbanística, o abandono mendioambiental por parte das autoridades, as alternativas ao servizo militar e a creación de circuítos para a música punk, metal e hard. Os fanzines tentaron romper coa monotonía do discurso imperante naquela época dunha Galiza normalizada e pacífica. Tamén quixeron romper coa univocidade dos medios de comunicación que naquel tempo foran acusados de altofalantes das políticas do goberno Fraga debido fundamentalmente, ás axudas recibidas do goberno autonómico. Os fanzines foron medios creados por colectivos sociais que non se vían reflectidos na prensa diaria e xeralista. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14616 |
Rights: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Collections
This item's license is described as
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl