Educación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transition
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14758
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Educación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transition |
Autor/a: | Pardellas Santiago, Miguel |
Dirección/Titoría: | Iglesias da Cunha, María Lucía Meira Cartea, Pablo Ángel |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social |
Palabras chave: | movemento ecoloxista | educación ambiental | movemento en transición | sustentabilidade universitaria | teito de cristal | |
Data: | 2016-05-19 |
Resumo: | Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente. O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer agromar unha incipiente fornada de novísimos movementos socias. O movemento en transición –cara a un mundo sen petróleo– é un deles, conformando un modelo de actuación competente na xeración de comunidades resilientes; isto é, capaces de reaccionar e adaptarse cos seus propios medios a condicións adversas. Porén, o carácter arquetípico da transición contrasta coa pouca atención que recibe a dimensión educativa na súa proposta e a manifesta nula vinculación co campo da Educación Ambiental. Co obxectivo de valorar o potencial do modelo da transición, desenvolveuse un estudo de caso múltiple no que comparar as iniciativas postas en marcha nas Universidades de Santiago de Compostela, Edimburgo e Minho. Deste xeito, a investigación articulouse ao redor dos elementos que caracterizaran estas experiencias pioneiras como procesos de transición, procesos participativos e procesos educativos. Como resultado da análise, o que fraguou como sospeita deu lugar á evidencia: os procesos de ambientalización universitarios están sometidos a un “teito de cristal” que impide cambios estruturais en clave de sustentabilidade. As tres iniciativas en transición estudadas non foron quen de xerar cambios integrais nas dinámicas das súas respectivas Universidades. A debilidade na formulación do modelo educativo do movemento en transición, non consta como un elemento determinante no fracaso relativo, mais si pode ser un factor a ter en conta. Neste proceso de desexar maiores acertos, a Educación Ambiental debe facer valer a súa traxectoria. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14758 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl