Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14846
Título: | Marxinalismo e racionalidade en Economía
|
Autor/a: | Rodríguez Toimil, Abilio
|
Dirección/Titoría: | Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto
Barreiro Gil, Manuel Jaime
|
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Departamento de Economía Aplicada
|
Palabras chave: | Marxinalismo | Hedonismo | economía condutual | Psicoloxía | Racionalidade | |
Data: | 2016-08-23
|
Resumo: | Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da
analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona.
Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante
o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese
defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é
posible integrar e polos motivos desa selectividade. Analízase a capacidade para incorporar
factores non hedónicos a modelos condutuais e as consecuencias analíticas da súa non
integración.
Atópase que non tódolos factores psicolóxicos son integrables nos modelos condutuais.
Como consecuencia vese afectada a capacidade explicativa dos propios modelos e o xeito no
que deben ser lidos. Para comprobar a importancia dos factores non hedónicos recórrese a
conceptos (o de empurrón ou “nudge”) e metodoloxías alternativas (a da aleatorización) que,
podendo integrar os factores que non é quen de asimilar o marxinalismo, testemuñan as
consecuencias desa taxatividade. Conclúese sobre a necesidade dunha pluralidade de métodos
e de conceptos de acordo con Nancy Cartwright para quen, nas Ciencias Sociais, non existe
unha metodoloxía que poida ser identificada como un “Gold Standard” subliñando ademais a
vaidade resultante do excesivo rigor académico sostido polos defensores dunha única forma
de facer Economía. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14846
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|