A Integración dos programas AICLE na educación primaria : unha experiencia didáctica na área de educación artística
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/14951
Files in this item
Metadata of this item
Title: | A Integración dos programas AICLE na educación primaria : unha experiencia didáctica na área de educación artística |
Author: | Sánchez Sánchez, María |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado |
Subject: | Programas AICLE | Educación primaria | Educación artística | |
Date of Issue: | 2015-07 |
Abstract: | Este Traballo de Fin de Grao versa sobre o funcionamento e a progresiva implantacióndos programas AICLE: aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras. No documento descríbese someramente a situación en España e no conxunto da Unión Europea respecto á extensión deste tipo de programas. Acto seguido preséntanse algunhas das normativas básicas de referencia relativas á aprendizaxe de linguas estranxeiras nos ámbitos europeo, español e galego. Na segunda parte do traballo exponse unha posible intervención práctica consonte cos principios metodolóxicos dos programas AICLE; en concreto preséntase unha unidade didáctica (“A painter called Picasso”), elaborada para a área de coñecemento de Educación Artística, que foi implementada cun grupo de alumnos e alumnas do 1º curso de Educación Primaria no CEIP “O Graxal” (O Temple, Cambre). Nesta proposta didáctica, toda a actividade escolar foi vehiculizada en lingua inglesa: os nenos e nenas experimentaron en primeira persoa os períodos que viviu unha das figuras máis importantes do panorama artístico do S.XX, expresando a través da pintura as emocións e sentimentos que Pablo Ruiz Picasso reflectiu nos cadros de cada unha desas etapas. O informe remata cunha avaliación desta proposta e coas preceptivas conclusións finais extraídas da indagación realizada, que se acompañan de dous anexos nos que, entre outros, se expoñen as fotografías correspondentes á implementación da unidade didáctica desenvolvida |
Description: | Traballo de Fin de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria. Curso 2014-2015 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14951 |
Rights: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España |
Collections
The following license files are associated with this item: