As escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de Monterroso
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/14989
Files in this item
Metadata
Title: | As escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de Monterroso |
Alternative Title: | Las escuelas de los centros penitenciarios: estudio del caso de Monterroso |
Author: | Fresno Saá, Elena |
Affiliation: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado |
Subject: | Escuela penitenciaria | Prisiones | Reeducación | Reinserción | |
Date of Issue: | 2015-07 |
Abstract: | Ao longo deste traballo facemos un estudo sobre o funcionamento e a organización das escolas penitenciarias españolas, e centrámonos particularmente no caso da escola do Centro Penitenciario de Monterroso (provincia de Lugo). Unha vez detallados os obxectivos e a metodoloxía do traballo, facemos referencia aos diferentes documentos legais que apoian as funcións e bases organizativas das escolas dos centros penitenciarios Despois de facer este achegamento normativo, expoñemos diferentes teorías e opinións de expertos en materia pedagóxica no tocante á efectividade dos servizos educativos cos que contan as prisións no Estado Español. Sublíñanse tamén as melloras que estes servizos aínda precisan; en calquera caso, trátase dun asunto pouco coñecido socialmente e aínda escasamente investigado. Para coñecer a fondo o centro educativo obxecto de análise, describimos brevemente aspectos relacionados coa práctica diaria do Centro de Educación e Promoción de Persoas Adultas de Monterroso, entre os que se atopan as súas normas de funcionamento, as instalación das que dispón, a metodoloxía e recursos xeralmente empregados ou o perfil de alumnado e profesorado que recibe diariamente a escola. O documento remata cun extenso repertorio de apéndices complementarios, precedidos dunhas conclusións nas que se remarca a necesidade imperiosa na actualidade de que os centros universitarios de Formación do Profesorado asuman decididamente a formación específica que esixen certos postos laborais docentes como o de mestre/a de persoas adultas, e de poboación reclusa máis particularmente |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14989 |
Rights: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España |