dc.contributor.advisor | Aguayo Lorenzo, Eva |
dc.contributor.author | Pallín Arias, Óscar |
dc.date.accessioned | 2016-12-21T12:42:21Z |
dc.date.available | 2016-12-21T12:42:21Z |
dc.date.issued | 2016 |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/15052 |
dc.description | Traballo Fin de Grao en Economía |
dc.description.abstract | Este traballo céntrase na relación existente entre o nivel educativo das mulleres e a súa participación no mercado laboral. A análise lévase a cabo mediante modelos econométricos para tres países do sur de Europa como son Grecia, Italia e Portugal, incluídos no réxime de benestar mediterráneo. Para elo terase en conta, de xeito separado, a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel secundario ou terciario, e por outra banda só a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel superior. Os resultados obtidos poñen de manifesto que a educación ten un efecto positivo sobre a participación, corroborando as teorías sobre o impacto do capital humano no emprego e a revisión das achegas empíricas aplicadas a diversas zonas xeográficas. O percorrido que se presenta neste traballo vai dende unha perspectiva teórica ata chegar á modelización econométrica, pasando por unha parte descriptiva. Nesta última realízase unha comparativa da situación de variables referidas á educación e ao mercado laboral. Na primeira as mulleres amosan mellores porcentaxes. Na segunda atopamos diferenzas na ocupación de mulleres e homes nos mercados de cada un dos tres países. Destaca o sector servizos, máis feminizado, mentres que a industria e a construción son sectores máis masculinizados.
Para a realización deste traballo empregáronse un total de 9998 palabras. |
dc.language.iso | glg |
dc.subject | Mulleres |
dc.subject | Mujeres |
dc.subject | Women |
dc.subject | Mercado de traballo |
dc.subject | Mercado de trabajo |
dc.subject | Labor supply |
dc.subject | Educación |
dc.subject | Education |
dc.subject | Grecia |
dc.subject | Italia |
dc.subject | Portugal |
dc.subject.classification | Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5309 Organización industrial y políticas gubernamentales::530904 Estructura del mercado |
dc.title | Mulleres, educación e mercado de traballo : comparativa entre Grecia, Italia e Portugal |
dc.type | info:eu-repo/semantics/bachelorThesis |
dc.rights.accessrights | info:eu-repo/semantics/openAccess |
dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |