Dorna. Expresión poética galega
Browse by
Dorna, Expresión Poética Galega é unha revista anual fundada en 1981 e editada dende entón pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase da única publicación miscelánea e periódica de poesía que se publica en Galicia, co obxectivo de ofrecer unha canle editorial aos autores e autoras noveis con arelas no cultivo lírico da lingua galega, aínda que tamén recolle con frecuencia a voz de poetas xa consagrados. Dorna incorpora sistematicamente tres seccións: Creación, onde se inclúen os poemas orixinais e inéditos dos colaboradores de cada volume—; Voces de Fóra, sección de traducións para lingua galega, que se ofrecen a carón dos poemas na lingua orixinal, de poetas contemporáneos de todas as latitudes; Caderno da crítica, recensións críticas de obras poéticas. Dorna publícase exclusivamente en galego.
News
Título: Dorna. Expresión poética galega
ISSN: 2340-0099
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Cátedra de Lingüística e Literatura Galega
Materia: Creación literaria
Data de inicio: 1981
Idioma: Galego
Collections in this community
Recent Submissions
-
Caderno da crítica
(Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2007)Caderno da crítica, recensións críticas de obras poéticas, nesta seción colaboran: Iago Castro Buerger ( Os hemisferios de María do Cebreiro: novas xeografías poéticas), Isaac Lourido ( Alfonso Pexegueiro. Unha vida no ... -
Entrementres dáme a man (escolma)
(2007)Entrementres dáme a man (escolma) (Selección e Traducción: Haizea Barcenilla e Arsenio Iglesias Pazos). Kirmen Uribe (Ondarroa, 1970) Estudou Euskal Filologia na EHU e logo cursou Literatura Comparada en Italia. O seu ... -
Creación
(2007)Nesta sección colaboran: Alberte Lema, Alexandre Nerium; Amauta Castro, Ana Cibeira, Andrea Núñez Briones, Ángela Tajes, Antía Otero, Anxo Angueira, Chus Pato, David Pobra, Darío Xohán Cabana, Elvira Riveiro Tobío, Esperanza ...