Fronte e cocote : revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo
Browse by
Fronte e Cocote é, verdadeiramente, unha aititude maia que o tíduo dunha revista. Cocote é bágoas, asoballamento secular; case, case, un complexo de Edipo. Fronte, xa se sabe: é o que temos que facer. Moito. Cocote é a contemplación do que xa nós fixemos por nós. Pouquiña cousa. Coido que xa iba sindo hora que a xuventude galega que maiormente ligouse á terra cos seus estudios, tivera us papeliños onde, si non hoxe, poder decir mañán, o que pensan, si algo pensan: que esté ben ou que esté mal. O dito: fronte e cocote. Pero tamén ha de ser tribuna pra os que teñen algo que decir a esa xuventude e queiran decilo. Ou poidan. E, pra mín, algún dos xóvenes galegos de hoxe teñen mais de cincoenta anos. Como pubricación que é dunha Escola téinica, poderá extrañar a moitos o xeito que lle damos ou pretendemos darlle. Non hay mais que botar unha ollada e sumario pra decatarse que trátase dunha revista de "humanidades" cun pequeno tanto por cento de texto concedido a téinica pura; a tixeira. Pero hoxe ninguén concibe a téinica orfa de esprito, e si algunha vez o amigo lector atopa nestas páxinas, en cantidade, e friaxe des números e das máquinas, pense que será o preludio da morte de Frente e Cocete e un síntoma de que unha parcela da nesa xuventude coxea e vale pra ben pouco. Craro que tamén pódese morrer por moita vida. E coa sana intención de que vostedes atopen de prencipio algunha cousa útil no Revista, e por si teñen algún coñecido a quen lle veña ben, ofrecémoslle o tratamento que lle dan ós porcos (fora-i-alma) cando enferman de boubín. Con nove paos de sabugo que teñan un nudo cada un, e un amigo, teñen abondo prá manciñeirada . ... Con cada pao fanlle nove cruces da testa o rabo e quéimano logo. O tempo, e de cada vez, dirán: "Vaite de ahí boubín, boubán, co pao de sabugo che dan. Danche no rabo e danche na testa, pra que non medres nin crezas, nin fagas cousas que a Dios mal le parezan. Coa virtude de Deus e do Virxe María, un Padrenoso e un Ave María" E xa calo, que faléi abondo (Editorial, Nº 1, Extraordinario, Octubre 71, Año 1)
Recent Submissions
-
Fronte e cocote : revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo (Núms. 4-5, Año II, Julio-Diciembre 1972)
(Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo, 1972-07) -
Fronte e cocote : revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo (Núm. 3, Extraordinario, Año II, Abril-Junio 1972)
(Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo, 1972-04) -
Fronte e cocote : revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo (Núm. 2. Año II. Enero-Marzo 1972)
(Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo, 1972-01) -
Fronte e cocote: revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo (Núm. 1, Extraordinario, Octubre 1971, Año I)
(Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo, 1971-10)