A especialización temática do Grupo de investigación Stellae (http://stellae.usc.es), GI-1439, sito na Facultade de Ciencias da educación, caracterízase polas sinais de identidade seguintes a) A temática de especialización do grupo ven dada por enfocar a problemática educativa dun feito integrado, interrelacionando tres eixos disciplinares: A formación e o desenvolvemento profesional, a tecnoloxía educativa e a organización educativa, vertebradores da complexidade do mundo educativo, evidenciados nos proxectos de investigación, nas publicacións e na transferencia de coñecemento producidos nos últimos anos e onde a especialización dos diferentes membros do grupo ponse de manifesto. b) A crecente incorporación a redes nacionais e internacionais creando lazos, ampliando os nosos horizontes científicos e posibilitando a transferencia de resultados. c) A integración de profesionais doutros niveis do sistema educativo, cuxa achega é relevante para conseguir unha maior sintonía da investigación coas necesidades e demandas deste, do mesmo modo que a investigación en saúde valora a investigación clínica e o traballo en hospitais.

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións