O Grupo de Investigación RODA (Razoamento, Discurso e Argumentación, GI 1667) é interdepartamental e interdisciplinar. O seu obxectivo é aportar coñecemento novo que faga posible construír unha sociedade formada e informada, capaz de tomar decisións baseadas no pensamento crítico e racional: unha sociedade inclusiva, innovadora e reflexiva (reto 6º do programa Horizon 2020 da UE: Europa nun mundo cambiante, sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas). As liñas de investigación do grupo abordan problemas educativos, é dicir, de ensino e aprendizaxe en diversas áreas de coñecemento mediante un enfoque interdisciplinar que permita o desenvolvemento de competencias (científicas, lingüísticas, matemáticas, sociais) necesarias para o exercicio dunha cidadanía participativa capaz de tomar decisións de maneira crítica nunha sociedade en continua transformación. Para poder afrontar os principais retos educativos de hoxe en día, cómpre establecer un diálogo entre distintas disciplinas que permita incorporar melloras na práctica educativa (innovación) en base aos resultados de investigacións nestas áreas. O GI Roda, consciente da importancia da difusión dos coñecementos científicos a toda a sociedade non se limita unicamente á educación formal, sendo esta moi relevante, senón que contempla tamén á non formal e informal, abarcando tanto a formación de axentes educativos (profesorado, monitores, responsables públicos, institucións…) como o deseño e experimentación de novas perspectivas educativas e de difusión de coñecementos en diversos ámbitos. A investigación abarca a fundamentación teórica dos ámbitos de coñecemento que son relevantes para a alfabetización e progreso dos saberes no conxunto da sociedade, xunto cos procesos de difusión e comunicación deses coñecementose e as aportacións metodolóxicas necesarias. De aí que a vocación do GI sexa a de integrar investigadores de diversas áreas de coñecemento, sobardando os límites dun único departamento universitario. A dimensión interdisciplinar dos procesos educativos aconsella abrirse á incorporación de investigadores/as de diferentes campos do coñecemento que aporten coñecementos básicos ou aplicados á mellora da educación

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións