O grupo Procesos Cognitivos e Conducta (GI-1842) da Universidade de Santiago de Compostela constituíuse formalmente no ano 2004. PCC é un grupo interdisciplinar integrado maioritariamente por psicólogos experimentais, pero tamén por psicólogos clínicos e lingüistas cuxas aportacións científicas interesan non só á Ciencia Cognitiva, senón que tamén poden ser relevantes en ámbitos aplicados como a aprendizaxe de segundas linguas e o bilingüismo, a adquisición de habilidades e o deseño de protocolos de adestramento, a comunicación e a persuasión política, ou a prevención de trastornos e o manexo de emocións en suxeitos fóbicos ou depresivos, así como no control das interaccións socias no autismo.

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións