O Grupo de Investigación ESCULCA, radicado na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur), está rexistrado no Catálogo de Investigadores e Grupos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela co Código GI-1790. Está integrado por profesores de distintas Facultades (Ciencias da Educación, Filosofía e Psicoloxía) da USC, docentes doutras Universidades, e aínda doutros niveis do sistema educativo. Asemade, conta con varios bolseiros e persoal Contratado.

Ten unha vocación de traballo interdisciplinar como corresponde á natureza epistemolóxica e praxeolóxica dos contidos e temáticas que definen o noso labor no eido da educación en xeral e da pedagoxía en particular: procesos motivacionais en educación, educación intercultural, xestión socio-educativa da inmigración, aprendizaxe cooperativa, pedagoxía da sociedade civil, pedagoxía laboral, antropoloxía cultural e dinámicas educativas, políticas educativas.

Trátase dun grupo ben consolidado no marco universitario e educativo en xeral como amosan os resultados acadados a través de publicacións, de proxectos logrados en convocatorias competitivas, de premios recibidos, de teses de doutoramento, de contratos asinados con organismos e institucións, de organización e participación en congresos, seminarios e simposios, de estadías e intercambio con universidades doutros países, etc.

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións