UXAFORES
Browse by
En 2001 unha serie de profesores pertencentes aos actuáis Departamentos de Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Edafoloxía e Química Agrícola fundaron o grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS). No ano 2002 foi incluído no Catálogo de Grupos de Investigación da USC (código GI-1837) e no 2009 no Catálogo de Grupos de Investigación pertencentes ao Sistema Público de I+D+I de Galicia (código 09IDI1794). No ano 2019, a raíz da ampliación dos seus temas de investigación, cámbiase a súa denominación de UXFS a UXAFORES. No ano 2008 iniciou o seu funcionamento a “Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural - PEMADE” dirixida polo membro de UXAFORES Manuel Guaita Fernández, como parte da “Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico RIAIDT” da USC. Inclúe un “Aula de formación” e un “Laboratorio de Enxeñaría Estrutural” que dan apoio docente, investigador e de servizos na enxeñaría da madeira con fins estruturais. En 2018 aprobouse por parte da GAIN a creación da unidade mixta de investigación EIXO entre PEMADE e a empresa Financiera Maderera, S.A. FINSA. A calidade das actividades realizadas por UXAFORES ten sido recoñecida pola Consellería correspondente da Xunta de Galicia a través da concesión das axudas como Grupo de Investigación de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia nos períodos 2006-2009, 2011-2013, 2014-2017 e 2019-2021 (axuda con cofinanciamento do FEDER nos dous primeiros períodos) e a través dos diversos premios obtidos. Na actualidade UXAFORES forma parte, xunto con outros dezaseis grupos de investigación da USC, da Agrupación Estratéxica do Sistema Universitario de Galicia “BioReDes-Xestión e produción sostible de Biorecursos” financiada pola Consellería de Educación, Universidade e F.P. da Xunta de Galicia
Collections in this community
-
UXAFORES-Artigos [54]
Recent Submissions
-
Operationalizing the use of TLS in forest inventories: the R package FORTLS
(Elsevier, 2022)Terrestrial Laser Scanning (TLS) devices show great potential for application in Forest Inventories (FIs) as they are capable of registering high resolution point clouds rapidly and automatically. Nevertheless, operational ... -
Actas del Workshop sobre Teledetección Próxima Terrestre para Aplicaciones Forestales
(Escuela Politécnica Superior de Ingeniería. Universidade de Santiago de Compostela, 2022)Este libro contiene las actas del Workshop sobre Teledetección Próxima Terrestre para Aplicaciones Forestales que tuvo lugar los días 1, 2 y 3 de septiembre de 2021 en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería del ... -
Growing Poplar in Acid Soils: Biomass Yield and Ash Behavior
(2021)Atlantic areas of southern Europe have low water restrictions but are also characterized by acid soils with low intrinsic fertility, so the selection of clones that have adapted to these characteristics is essential. In ... -
Delimiting the spatio-temporal uncertainty of climate-sensitive forest productivity projections using Support Vector Regression
(Elsevier, 2021)As climate change makes many traditional empirical growth approaches not functional for forest dynamics modelling, new climate-sensitive models are needed. However, using these newly developed models for extrapolation, ... -
Forecasting Variations in Profitability and Silviculture under Climate Change of Radiata Pine Plantations through Differentiable Optimization
(MDPI, 2021)Climate change might entail significant alterations in future forest productivity, profitability and management. In this work, we estimated the financial profitability (Soil Expectation Value, SEV) of a set of radiata pine ...