Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial
Please use this identifier to cite or link to this item:
http://hdl.handle.net/10347/16129
Files in this item
Metadata
Title: | Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial |
Author: | Corbelle Rico, Eduardo José Enríquez García, María José Ónega López, Francisco José Crecente Maseda, Rafael |
Subject: | Mercado de terras | Concentración parcelaria | Abandono de terras | |
Date of Issue: | 2014-09-30 |
Abstract: | Este documento presenta o informe técnico do convenio de colaboración Mercado, mobilidade da terra e valorización territorial. Os traballos desenvolvidos ao seu abeiro tiveron como obxectivo principal mellorar a comprensión dos mecanismos de prezo e mobilidade de terras en Galicia e a súa relación coa utilización da terra nas diferentes partes da comunidade autónoma. Un segundo obxectivo, de carácter institucional, estaba orientado á mellora da coordinación e intercambio de datos entre os organismos e institucións que, dun modo ou outro, xeneran ou custodian información sobre o funcionamento do mercado, a estrutura de propiedade, ou o uso da terra por parte das explotacións agrarias. Finalmente, o proxecto permitiu integrar parte dos resultados como novas funcionalidades na plataforma do Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL), para reforzar o seu papel como infraestrutura tecnolóxica de referencia sobre mercados e mobilidade de terras en Galicia, de utilidade estratéxica tanto para o sector público como para o sector privado. Os resultados suxiren que o mercado de compra-venta de terras en Galicia presenta niveis de mobilidade particularmente baixos, similares aos referidos na bibliografía para países do este e centro de Europa (Eslovaquia, República Checa, Romanía...). Non obstante, é posible afirmar que existen áreas onde a mobilidade é elevada, e que estas están asociadas á existencia dun sector agrario potente e con forte presencia no territorio. Polo contrario, o prezo da terra presenta valores similares aos de países de Europa occidental como Holanda ou Dinamarca. Os valores do prezo de terra rústica mostráronse máis elevados onde a densidade de poboación é máis elevada e a importancia do sector agrario é menor, pero máis baixos alí onde existen maiores niveis de absentismo. As fontes empregadas neste traballo inclúen as relativas ás solicitudes de axuda no marco da Política Agraria Común, o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, o Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, o Rexistro de comunicacións de transacción en Zonas de Especial Interese Agrario, o Censo Agrario, o parcelario asociado ao Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC), e a base de datos de axudas ás explotacións agrarias. O traballo permitiu constatar que moitas destas fontes funcionan na práctica como silos de información, dificilmente accesibles e con características que dificultan a súa integración. |
Description: | Informe técnico do convenio de colaboración do mesmo nome suscrito entre a Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/16129 |
Collections
The following license files are associated with this item: