Show simple item record

dc.contributor.authorGarbayo Montabes, Francisco Javier
dc.contributor.authorCapelán, Montserrat
dc.date.accessioned2018-06-25T07:07:26Z
dc.date.available2018-06-25T07:07:26Z
dc.date.issued2018
dc.identifier.citationGarbayo, J. e Capelán, M. (eds.) (2018). Ollando ó mar. Música civil e literatura na Galicia Atlántica (1875-1950). Pontevedra: Museo de Pontevedra
dc.identifier.isbn978-84-95632-83-8
dc.identifier.otherD.L. PO. 173-2018
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/16862
dc.description.abstractOllando ó mar. Música civil e literatura na Galicia Atlántica (1875-1950) é un libro conformado por 28 estudos de diferentes investigadores. A publicación ábrese con tres traballos que serven para contextualizar o resto, presentados de modo sucesivo. Así, os capítulos asinados por Emilio Casares Rodicio, Carlos Villanueva e Francisco J. Giménez Rodríguez tratan respectivamente sobre a actividade da música teatral en España nestes anos, incidindo no gran labor de recuperación realizada sobre este repertorio desde o ICCMU; o declive do mundo das catedrais coa crise das capelas de música e o transvase dos seus músicos á sociedade civil, cos cafés e os teatros como novos escenarios de socialización e o papel da prensa nacional e galega como difusora das novas ideas dun incipiente nacionalismo musical galego. Seguen os traballos de Montserrat Capelán, Javier Garbayo e Xavier Groba que configuran o bloque dedicado á cidade de Ferrol por medio da figura do insigne xornalista, folclorista e divulgador musical, Ramón de Arana y Pérez. As súas orixes familiares, coa figura do seu pai, o compositor e director de banda Eduardo de Arana, así como as súas relacións con outros músicos son tratados pola profesora Capelán, mentres que Javier Garbayo realiza unha caracterización da súa ampla produción xornalística, incidindo no seu posicionamento coa corrente rexeneracionista pedrelliana. Para rematar, Xavier Groba afonda neste último aspecto, analizando pormenorizadamente a correspondencia de Arana con Felipe Pedrell, conservada na Biblioteca de Catalunya, dentro do Fons Pedrell, fonte fundamental para comprender o pensamento e a actividade musical do ferrolán. Betanzos, como cidade intermedia entre Ferrol e A Coruña con gran tradición musical e artística, é abordada por Javier Ares Espiño cunha análise da historia e importancia da súa antiga banda de música en relación coa formación e inicios de Carlos García Picos, importante compositor vangardista que emigraría a América trala Guerra Civil. Seguen os estudos coruñeses, centrados en dous dos seus compositores máis insignes, Marcial del Adalid e Eduardo Rodríguez Losada, analizados por Laura Touriñán Morandeira e Nelly Iglesias Ríos (uSC). A elas únense, neste bloque, os traballos de Carolina Hernández Abad sobre os fondos musicais da Sección Feminina na Coruña e Alba Díaz Taboada, cuxo texto versa achega da actividade da Sociedade Filarmónica e a súa repercusión na vida cultural da cidade nos anos previos á Guerra Civil. A actividade musical na capital de Galicia recibe atención nos traballos de Beatriz Cancela, sobre a banda municipal de música e a súa repercusión na vida cultural de Compostela e María del Carmen Lorenzo Vizcaíno, quen analiza a actividade zarzuelística no Teatro Principal da cidade, tomando como referente os avatares do estreo de La fragua de Vulcano, de Manuel Linares Rivas e Ruperto Chapí. A efervescencia do movemento intelectual galeguista na cidade de Pontevedra e o papel fundamental que desde o punto de vista cultural e artístico desempeñou esta cidade, é tratado por José Antonio Cantal Mariño por medio da figura do compositor Antonio Iglesias Vilarelle; ao seu traballo segue o de Carlos Cambeiro quen analiza a figura do insigne violinista pontevedrés, Manolo Quiroga, a través das danzas violín e piano que compón sobre modelos populares españois e americanos, en viaxe de ida e volta. O estudo de Xulio Alonso aborda as polémicas de corte morali- zante mantidas na prensa pontevedresa en torno á conveniencia ou non do cultivo do baile pola mocidade. Pola súa banda Carmen Losada Gallego aborda unha temática de tanta importancia como é a actividade das mulleres pianistas na cidade de Vigo, mostrando a traxectoria de dúas figuras da nosa historia silenciada: América Otero e Sofía Novoa. Os estudos relativos á vida e puxante actividade musical de Vigo compleméntanse cos traballos de Consuelo Iglesias, sobre a chegada á cidade da compañía de ópera de Enrico Tamberlick en 1882, Tamar Adán, coa creación da Orquesta Filarmónica de Vigo durante a Guerra Civil, Asterio Leiva quen estuda a sonata para clarinete e piano do exiliado lucense Jesús Bal y Gay e a súa estrea na cidade olívica, e as novas achegas sobre a obra compositiva galega do ponteareán, Reveriano Soutullo, abordadas por Alejo Amoedo. A penúltima sección do libro está dedicada a aqueles traballos que poñen de manifesto o éxito dos valores artísticos galegos aplicados á música, máis aló das nosas fronteiras naturais, co triunfo da música galega en Madrid, tratado por Gloria Araceli Rodríguez, e como non podía ser doutro xeito, na República Arxentina, cos traballos de Julio Ogas Jofre, Mirta Marcela González e María Fouz Moreno, onde achegan datos fundamentais para coñecer mellor a construción e éxito da galeguidade naquela república. Finalmente, o libro péchase cun apartado dedicado á literatura, en concreto con varias lecturas musicais da obra de Gonzalo Torrente Ballester, estudadas por Carmen Becerra, David Pérez álvarez e Teresa Bretal.
dc.description.sponsorshipMineco. Museo do Pobo Galego
dc.language.isoglg
dc.publisherMuseo de Pontevedra
dc.rights© 2018 Museo de Pontevedra (Deputación Provincial) ; I+D+i: Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico (HAR2015-64024-R); dos textos: os autores
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/publicdomain/zero/1.0/
dc.subjectMúsica civil
dc.subjectGalicia
dc.subjectMúsica de salón
dc.subjectRamón Arana
dc.subjectGarcía-Picos
dc.subjectMarcial del Adalid
dc.subjectRodríguez-Losada
dc.subjectManuel Quiroga
dc.subjectSofía Nova
dc.subjectBandas
dc.subjectReveriano Soutullo
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6299 Otras Especialidades artísticas (Especificar)
dc.titleOllando ó mar. Música civil e literatura na Galicia Atlántica (1875-1950)
dc.title.alternativeOllando ó mar
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/book
dc.rights.accessrightsinfo:eu-repo/semantics/openAccess
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia da Arte


Files in this item

application/pdf
Name: Ollando ó mar (imprenta ok).pdf
Size: 39.93 Mb
Format: PDF


Thumbnail

This item appears in the following Collection(s)

Show simple item record

© 2018 Museo de Pontevedra (Deputación Provincial) ; I+D+i: Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico (HAR2015-64024-R); dos textos: os autores
This item's license is described as
 © 2018 Museo de Pontevedra (Deputación Provincial) ; I+D+i: Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico (HAR2015-64024-R); dos textos: os autores





Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback