Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/16908
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas |
Autor/a: | Palacios González, Manuela |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá |
Palabras chave: | Emigración | Mulleres | Galicia | Irlanda | Fotografía | Literatura | |
Data: | 2015 |
Editor: | Bangor University & University College Cork |
Cita bibliográfica: | Manuela Palacios. "Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas". Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies. Issue F (2014-2015): 5-23. |
Resumo: | Este artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritoras de Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúas comunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nos dous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratorios non está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unha perspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migración e da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca dos acontecementos e dos seus relatos para as dúas comunidades, senón que permite poñer o foco sobre aspectos salientados nunha pero inadvertidos na outra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Este artigo está enmarcado nos debates actuais sobre a perspectiva de xénero nos estudos migratorios e examina o impacto emocional da migración facendo uso das recentes achegas dos estudos de trauma. Ademais de considerar o valor sociolóxico das fotografías como rexistro da experiencia persoal e colectiva, reflexiónase sobre as dúas preguntas máis relevantes que, segundo Susan Sontag (1977), introduciu a fotografía e resultan de crucial importancia para o estudo destes documentos persoais: que merece a pena observar e que temos dereito a observar? |
Descrición: | Artigo de revista sobre muller e migración na literatura e na fotografía |
Versión do editor: | http://www.galicia21journal.org/F/pdf/Galicia21_F_02_Palacios.pdf |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/16908 |
ISSN: | 2040-7181 |
Dereitos: | Uso libre |
Coleccións
-
- FIA-Artigos [150]
- Oficina de Igualdade de Xénero [279]