O obxectivo do noso grupo é estudar a dinámica de procesos físicos e químicos en materiais moleculares, sistemas organizados e biolóxicos. Utilizamos principalmente técnicas espectroscópicas (fluorescencia con resolución temporal, detección de moléculas individuales, resonancia magnética nuclear) e cálculos mecanocuánticos para desentrañar a dinámica de variados procesos, obtendo tamén información estrutural dos sistemas investigados. O noso grupo está organizado en tres unidades de investigación especializadas en técnicas específicas, colaborando entre sí e con grupos externos para a consecución dos seus obxectivos: - Fotofísica. O obxectivo da nosa investigación é coñecer a dinámica de procesos moleculares inducidos pola absorción da luz, especialmente procesos de transferencia protónica, transferencia electrónica e transferencia de enerxía. - Moléculas Individuais. O noso principal obxectivo é mellorar a comprensión dos parámetros fundamentais que controlan a dinámica da asociación supramolecular e os procesos de recoñecemento biomolecular a nivel de moléculas individuais. - Biofísica. A investigación que realizamos ten por obxectivo coñecer os mecanismos que utilizan os catalizadores enzimáticos para facer posibles un gran número de transformacións químicas de moléculas biolóxicas.

Collections in this community

Recent Submissions

View more






Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback