Unha gran burla negra
Browse by
Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2018] é un proxecto expositivo, arquivístico e memorial que se inaugurará o 23 de novembro de 2018 e promoverá un ciclo de eventos ó longo do ano seguinte, organizados ó redor dunha exposición itinerarante, acompañada de obradoiros pedagóxicos e actos académicos, e potenciada por un arquivo dixital, un documental e un catálogo online. O propósito de Unha gran Burla Negra é abrir unha reflexión cidadá a dezaseis anos vista do desatre do Prestige e das movilizacións populares que se derivaron a partir do inventario, estudo e exposición do seu arquivo cultural: a morea de pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas, textos e intervencións, anónimas ou non, que desbordaron rúas e medios naqueles meses e que o colectivo Burla Negra soupo representar e promover dun xeito viral, en conexión con formas de protesta populares, anónimas ou activistas
Recent Submissions
-
Nunca máis [Material gráfico] : Lira
(2002) -
Entroido 2003 [Material gráfico]
(2003)