A medición da desigualdade. Análise da situación galega no marco do estado das autonomías
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/17619
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A medición da desigualdade. Análise da situación galega no marco do estado das autonomías |
Autor/a: | Troitiño Cobas, Ángela |
Dirección/Titoría: | Riobóo Almanzor, José María González Murias, Pilar |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada |
Palabras chave: | Desigualdade | Índices de benestar | Criterios de ordenación | Benestar-renda | Galicia | |
Data: | 2000 |
Resumo: | Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades Autónomas, adicándolle unha atención especial á Comunidade Galega. O estudio do marco teórico abórdase tanto dende un enfoque conceptual como cuantitativo. Dende o primeiro, estúdiase o papel da igualdade e os ámbitos nos que esixir esta cara á consecución dunha organización social xusta. Dende o eido cuantitativo, logo de achegar a definición de medida de desigualdade e analizar as súas propiedades, estúdiase un amplo conxunto de medidas, facendo fincapé nos seus límites e propiedades. Tamén se analizan diferentes criterios de ordenación parcial equivalentes ó de Lorenz e/ou ó de Shorrocks, e outros criterios aplicables cando os anteriores fallan. Na aplicación empírica compáranse as Comunidades en canto á desigualdade relativa, absoluta e benestar-renda, tendo en conta tres variables (gasto declarado, ingreso declarado e ingreso reconstruído) a través dun amplo conxunto de medidas (curvas e índices). Afóndase na análise da desigualdade e do benestar-renda en Galicia clasificando a poboación total segundo certas características dos fogares (tipo de fogar, tamaño do municipio,…) ou do sustentador principal (sexo, idade, nivel de estudios, condición socioeconómica, categoría socioprofesional, etc). |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/17619 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: