Estudo dos cambios na actividade eléctrica cerebral asociados ao declive na memoria de traballo visoespacial, no envellecemento san e no deterioro cognitivo leve
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/18190
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Estudo dos cambios na actividade eléctrica cerebral asociados ao declive na memoria de traballo visoespacial, no envellecemento san e no deterioro cognitivo leve |
Autor/a: | Arosa Penín, Juan |
Dirección/Titoría: | Díaz Fernández, Fernando |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía |
Palabras chave: | Memoria de traballo visoespacial | Envellecemento | Deterioro cognitivo leve | Enfermidade de Alzheimer | Potenciais evocados | Ageing | Mild Cognitive Impairment | Alzheimer’s disease | Event-related potential | Visual-spatial working memory | Envejecimiento | Enfermedad de Alzheimer | Potenciales evocados | Memoria de trabajo visoespacial | |
Data: | 2018 |
Resumo: | [GL] O deterioro cognitivo leve (DCL) é un estadio intermedio entre o envellecemento san e o que cursa con demencia. No presente estudo seleccionáronse dous grupos de participantes (Control san e DCL) nos que se estudaron os cambios na conduta e na actividade eléctrica cerebral ante unha tarefa de memoria de traballo (MT) visoespacial, con tres niveis de dificultade (fácil, intermedia e difícil), determinada pola cantidade de items a codificar en MT. Os obxectivos principais foron a obtención dos índices condutuais e psicofisiolóxicos do procesamento da información na fase de codificación en MT, e a comprobación da existencia de diferenzas nestes índices entre o grupo control (envellecemento san) e o grupo con DCL. Nos parámetros condutuais observáronse incrementos coa idade nos tempos de reacción, así como diferenzas entre o grupo DCL e o Control, con un menor porcentaxe de acertos no primeiro, o que indica que a idade cursa cunha lentificación dos procesos atencionais e de MT nos dous grupos e que o grupo con DCL mostra unha menor eficiencia nos procesos de MT. En canto ós compoñentes dos potenciais evocados (PE) estudados, observáronse P1, P2, N2 e P300 nos dous grupos; pero non se atopou ningunha diferenza significativa entre grupos, nas amplitudes nin nas latencias deses compoñentes, o que contrasta cos estudos previos revisados. Discútese que a ausencia de efecto Grupo nos parámetros dos PE podería deberse a que o protocolo de preprocesado dos datos EEG foi moi riguroso na eliminación dos artefactos; por outra, os criterios de exclusión dos datos EEG en canto a número mínimo de épocas válidas de cada categoría, contribuíu a unha redución drástica do tamaño da mostra. |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Psicoloxía. Curso 2017-2018 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/18190 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Grao en Psicoloxía [59]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: