O Grupo de Investigación en "Pedagoxía Social e Educación Ambiental" (SEPA-interea), GI-1447, está constituído no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. Este Grupo, dirixido polo Catedrático de Pedagoxía Social D. José Antonio Caride Gómez, ten recoñecida a súa condición como Grupo de Investigación de Referencia Competitiva (GRC2013-018) co financiamento da Xunta de Galicia e os Fondos FEDER. Creado como tal equipo no ano 2000 (coa elaboración do novo catálogo de Grupos de Investigación pola Universidade de Santiago de Compostela) na súa estrutura intégrase desde o ano 2004 profesorado e persoal investigador da Universidade de A Coruña (UDC) no marco do proxecto interea (Iniciativas y Recursos en el Territorio para la Acción Local), promovido y financiado mediante convenio pola Deputación Provincial da Coruña. Así mesmo, ten recoñecida a súa condición de Unidade de Investigación Competitiva nas Áreas de Humanidades e Ciencias Sociais no Sistema Universitario Galego (Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica da Xunta de Galicia) desde decembro de 2006. Na traxectoria do Grupo Investigador, no Curriculum Vitae das persoas integrantes consta a dirección de máis de 45 Teses Doutorais, fundamentalmente no marco do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela; sendo un dos que ten acreditado un maior número de Teses dirixidas nos últimos anos nesta Universidade. O grupo SEPA forma parte de diversas sociedades e de dúas grandes Redes de Investigación, que integran máis de cen investigadoras e investigadores de diferentes universidades nacionais e internacionais. Unha delas, da que é IP o Dr. José Antonio Caride, é a Red de Investigación en Educación y Formación para la Ciudadanía y la Sociedad del Conocimiento (RINEF-CISOC); creouse no ano 2008 e finalmente foi financiada pola Xunta de Galicia para a súa estruturación e consolidación

Collections in this community

Recent Submissions

View more






Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback