O grupo de investigación Edunartex, ten como meta pór en relación a educación coas potencialidades educativas da natureza desde perspectivas holísticas. É así un grupo interdisciplinario que atende a distintas dimensións desta relación actualmente baseada nas actividades científicas dos seus compoñentes: actividade física e deportiva ao aire libre, hixiene e saúde en relación coa vida ao aire libre, salvamento e socorrismo, historia do excursionismo e da educación ao aire libre, relacións entre arte e natureza, a paisaxe como elemento educador, desenvolvemento da cidadanía coa natureza e a paisaxe, capacidade educadora do mundo rural, colonias escolares de vacacións, xogos populares rurais, estudo e deseño de rutas de sendeirismo. É un grupo de recente creación vinculado ao máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza que se imparte na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo. Os seus membros pertencen ás áreas de Teoría e Historia da Educación, Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Plástica. Participa na rede European Institute for Outdoor Adventure Education and Experiential Learning (EOE), da que os seus integrantes son membros activos. En referencia ao máster colaborou na edición de dous discos, un con elementos musicais recollidos da natureza e outro con traballos de estudantes do máster, e participou como tal grupo con varias comunicacións científicas a congresos nacionais e internacionais

Collections in this community

Recent Submissions

View more






Harvesters:Interesting links:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contact Us | Send Feedback